Excursión fin de curso 6°. 3° día.

Bos días!

Os nenos e nenas de 6° xa comezaron as actividades de hoxe. De momento o tempo está dando tregua!

Aquí tamén facemos celebracións! Felicidades Antón!!!

Excursión fin de curso 6°. 2° día.

Rematamos a xornada de hoxe coa "búsqueda do tesouro".

A choiva segue dando tregua! Mañá máis!!

Excursión de fin de curso 6°. 2° día.

Bos días!

Xa levamos un tempo levantados e en breve imos a almorzar.

A continuación, comezaremos as actividades de mañá.

Excursión de 6°. 1° día.

O alumnado e profesorado chegamos a Pena Aventura sobre as 13:30 horas, deixamos as nosas pertenzas nas habitacións e fomos comer. Nuns intres, comezarán as actividades!!

 

XI MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN 2018

Este venres 11 de maio, participamos na XI Marcha ciclista escolar que organiza o concello de Narón para tódolos alumn@s dos colexios.

Aínda que o tempo non axudou, preto de 200 persoas entre alumn@s,mestres-as e familiares tomamos parte no paseo en bicicleta ata Xubia.Unha vez alí, repuxemos forzas co bocata e o refresco e participamos nunha exhibición das habilidades da unidade canina da Infantería de Marina. Ao remate, regresamos aos colexios en bicicleta para concluír unha xornada de convivencia saudable e chea de ledicia tanto para nen@s como para adult@s.

Despedimos por este curso as actividades de Educación Viaria e agardamos xa as novidades que nos deparará o novo curso escolar.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e que pasedes unhas FELICES VACACIÓNS.

                        

                                              

GEOMOVE ENQUISA CAMIÑOS SEGUROS-2

Xa temos a nova edición da enquisa de GEOMOVE para determinar os CAMIÑOS SEGUROS de ida e volta ao colexio.

Se queres colaborar participa completando a enquisa do teu colexio coa clave bordo, que atoparás no seguinte enlace.

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.  

 

                        

Día Mundial de Concienciación do Autismo

O 13 de abril asistimos en Ferrol ao Día Mundial de Concienciación do Autismo que se desenvolveu no Pavillón Polideportivo da Malata, organizado por ASPANAES. A rapazada de 3º e 5º fomos aos numerosos actos da xornada, como diversas intervencións, lecturas dun manifesto e da denuncia das barreiras, un baile pola diversidade e unha festa final. Podes ver as fotos no enlace.

 

SAÍDA AO ACUARIUM FINISTERRAE

O pasado mércores, 11 de abril, o alumnado de 4 anos fixo unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. A diversión e a sorpresa colmaron as aspiracións depositadas nesta visita. Pasámolo realmente ben e aprendimos moitísimo do mundo mariño. Para ver as imaxes dese día, pincha no enlace.

Distribuir contido