XORNADAS DE BALONCESTO ADAPTADO NO PAVILLÓN ESCOLAR.2022-23

XORNADAS BALONCESTO ADAPTADO NO PAVILLÓN ESCOLAR DA SOLAINA.

DECEMBRO 2022 e FEBREIRO 2023.

O martes 20 de decembro recibimos a visita de dous monitores e unha monitora do clube de baloncesto adaptado BASKETMI que explicaron a súa experiencia como xogadores-as de baloncesto en cadeira de rodas.

Tódol@s @s alumn@s de 1º,2º e 5º de Primaria puideron familiarizarse co manexo da cadeira de rodas así como xogar co balón de basket dende a súa cadeira.

Esta nova experiencia permítelles achegarse a un deporte como o baloncesto, pero dende o punto de vista das persoas con discapacidade. 

Houbo dúas xornadas máis o 10 e o 13 de febreiro para o alumnado de 3º,4º e 6º  de Primaria.

      

Campañas de Nadal do Equipo de Educación Vial [2022]

O Equipo de Educación Vial do Concello de Narón realiza dúas campañas navideñas:

 1. "Viste o teu patinete e a túa bici de nadal!" - Desde o 1 ata o 20 de decembro de 2022: BASES.

 

 

 !NORABOA AOS PREMIADOS¡:Brais Otero Chao, Erik Prieto del Río,Nadia Suárez Blanco,Noel López Regueiro e Lucía Otero Chao.

2. "A túa vella bici vale un sorriso" - Desde 1 de decembro de 2022 ata 4 de xaneiro de 2023.

Máis info.

 

 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.¡FELICES FESTAS!

OBRADOIRO DE ARTRÓPODOS

O alumnado de 3º puido gozar o pasado 25 de novembro dun obradoiro de artrópodos por parte do entomólogo Miguel Santamaría. Na reportaxe podemos observar a interacción dos "bichos" coa rapazada. 

 

25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero [2022]

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, conmemoramos o día con varias actividades para concienciar sobre a necesidade de erradicar esta lacra exercida contra as mulleres.

Por unha parte participamos coa FANPA Ferrolterra no IV Programa Escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, coa campaña “ROMPE A CADEA DA VIOLENCIA DIXITAL”.

Doutra banda,acudimos cos outros coles de Narón á IX Andaina/Marcha Ciclista pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Podes ver aquí, entre outros materiais, unha reportaxe fotográfica sobre os diferentes eventos e o vídeo colectivo da FANPA.

ROMPE A CADEA!

 

 

Campaña de recollida de xoguetes 2022

Comeza a Campaña de merca e entrega de xoguetes  2022 para as familias máis desfavorecidas, impulsada polo centro de recursos solidarios Narón, coa colaboración do Concello de Narón.

A campaña vaise desenvolver desde o 1 ao 20 de decembro, posteriormente persoal do centro de recursos solidarios achegarase ao noso centro para recoller os xoguetes doados polas familias.

Merendas saudables 2023-2024

 

Percorrido pola campaña do curso 2014-2015:

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

Samaín 2022

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS: As persoas interesadas en asistir á exposición de cabazas decoradas polas familias da nosa comunidade educativa poden acudir ao hall do centro durante a tarde do martes 25 de outubro, en horario de 16:00 a 19:00.

REPORTAXE GRÁFICA SOBRE O SAMAÍN

Distribuir contido