Bases Concurso "PASÁMOLO BEN" 2021

BASES DO IX CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR “PASÁMOLO BEN “ E DO XII CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO BEN “: enlace.

Escola de familias: sesión informativa_2021

O mércores 22 de setembro de 2021, ás 16:15, terá lugar na biblioteca do centro unha sesión informativa sobre a actividade subvencionada polo Concello de Narón, "Escola de familias" destinada a todos os membros da comunidade educativa interesados nesta temática.

Cartel.

Tríptico.

Circular

INICIO DO CURSO 2021/2022

 

1. INCORPORACIÓN DO ALUMNADO

1.1. O XOVES, día 9 de setembro, comeza o curso escolar 2021/2022 coa incorporación do alumnado de educación infantil e de primaria.

 

2. HORARIO DE ENTRADA E SAÍDA

Entradas:

 - ALUMNADO DE PRIMARIA pode acceder ao recinto desde calquera das tres portas exteriores a partir das 08:45. A subida ás aulas efectuarase seguindo a distribución seguinte:

·      Os cursos de e 2ºEP entrarán pola porta situada á beira do comedor e subirá polas escaleira próximas á biblioteca.

·      O resto de cursos de primaria entrarán pola porta principal do edificio e subirán polas escaleiras coa seguinte distribución:

§  3º e 5ºEP, pola escaleiras achegadas á conserxaría.

§  4º e 6ºEP, pola escaleiras próximas ás aulas de tres anos.

- As familias do alumnado de primaria non poderán acceder ao recinto.  

– O ALUMNADO DE INFANTIL entrará ás clases a partir das 09:05.

§  4ºEI na porta do patio de infantil de 3 anos.

§  5ºEI, facendo filas na zona esquerda da entrada principal.

§  6ºEI facendo fila na zona dereita da entrada principal.

O alumnado de infantil debe de estar acompañado dun único adulto por neno/a e non entrarán no recinto ata que toque a sirena ás 09:00. A continuación colocaranse nos espazos asignados á espera de entrar coas titoras.

O uso da máscara é obrigatoria en todos os espazos do colexio, incluído o patio.

Saídas:

- Abriranse as portas do recinto ás 13:35 horas.

 - As familias de INFANTIL accederán ao recinto e colocaranse no espazo de entrada habilitado para cada aula. O horario é o seguinte.

  •  4ºEI (3 anos), ás 13:45 horas (agás o período de adaptación en setembro).
  •  5ºEI (4 anos), ás 13:40 horas.
  •  6ºEI (5 anos), ás 13:45 horas.

Unha vez entregados sairán unicamente pola porta principal, Rúa Cardeal Cisneros.

 - As familias de PRIMARIA recollerán ao alumnado nas portas exteriores coa seguinte distribución:

·      1º e 2º, ás 13:50 horas pola porta da Rúa Lugo.

·      3º e 4º, ás 13:55 horas pola porta da Rúa Ourense.

·      5º e 6º, ás 14:00 horas pola Rúa Cardeal Cisneros.

O profesorado acompañará ao alumnado ata a saída correspondente. 

 

3. ADAPTACIÓN DE PROTOCOLOS COVID-19

3.1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 NO CEIP A SOLAINA.

3.2. Declaración responsable.

3.3. Enquisa de autoavaliación [Non é preciso remitila ao colexio, é un referente para facer a autoavaliación diaria da sintomatoloxía].

4. COMEDOR, MADRUGADORES E MERENDAS

COMEDOR:

O servizo estará dispoñible desde o mesmo xoves 9. As comunicacións de asistencia ou ausencia faranse exclusivamente por vía telefónica (881930370). Se fose necesario, faranse dúas quendas nas que se repartirán os diferentes niveis da educación infantil e primaria. O alumnado que non estea no interior do comedor (en caso de xa ter rematada a súa quenda ou por estar esperando á mesma), permanecerá no patio interior do centro, no lugar que lle sexa asignado ao seu grupo. Este sistema de quendas irase adaptando en función do número de comensais diarios. A saída levarase a cabo á maneira  seguida no curso anterior (de acordo ás necesidades das familias) e ata as 15:55. Vai ser obrigatorio polo menos un uso mensual para a permanencia na listaxe.

MADRUGADORES:

Este ano a ANPA volve a poñer en funcionamento o servizo de madrugadores desde o primeiro día lectivo. Pódense consultar as condicións en http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasolaina/?q=system/files/CIRCULAR%20WEB%20INFORMACION%2

MERENDAS:

O alumnado deberá traer a merenda de media mañá da casa, axustándose as recomendacións que se darán na circular de inicio de curso.

 

 

5. CAMIÑOS SEGUROS:

Continuamos cos Camiños seguros na etapa de Primaria, incluído o chequeo da pulseira. O alumnado de Infantil non vai pasar a pulseira para evita o colapso das entradas. 

 

6. INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS POR NIVEIS:

 

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022

Libros de texto.

Material 4ºEI (3 anos).

Material 5ºEI (4 anos).

Material 6ºEI (5 anos).

Material 1ºEP.

Material 2ºEP.

Material 3ºEP. Material 1º día.

Material 4ºEP. Material 1º día.

Material 5ºEP.

Material 6ºEP.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/22

Publicación de Listaxes Definitivas: dispoñibles no taboleiro do centro.

Entrega dos vales de axudas e de material: PÓDESE PASAR EN SETEMBRO POLOS VALES NON RECOLLIDOS NO MES DE XULLO

Os libros de texto de préstamo entregaránse ás familias no hall do centro o 6 de setembro, de acordo ao seguinte horario:

-3ºEP: 10:00 h.

-4ºEP: 11:00 h.

-5ºEP: 12:00 h.

-6ºEP: 13:00 h.

O material do alumnado de 1º e 2º pódese achegar ao colexio (no hall) o 7 de setembro, de acordo ao seguinte horario:

-1ºA: 11:30-12:00.

-1ºB: 12:00-12:30.

-2ºA: 12:30-13:00.

-2ºB: 13:00-13:30.

En ambos casos prégase máxima puntualidade e respecto polas medidas hixiénico-sanitarias habituais.

Enlace á información da convocatoria fondo de libros e axudas para libros e material escolar.

Asignatura de Educación Viaria

Unha vez confirmada a autorización de Xefatura Territorial, o vindeiro curso o CEIP A Solaina, xunto a outros dous centros de Narón, contará con Educación Viaria como asignatura de libre configuración en 4º de Educación Primaria. O xoves  17 de xuño fíxose a presentación pública no noso centro.

12 + 1 MARCHA CICLISTA VIRTUAL.21-5-2021

A finalidade de esta actividade é continuar coa Marcha Ciclista Escolar que se ven celebrando todos os anos dende o 2008. Este ano debido a que as condicións sanitarias seguen activas e con restriccións, pensouse na idea de facer esta Marcha Ciclista de modo virtual.

 Para levala a cabo cada centro escolar de Narón conta cunha bicicleta estática na que os nen@s de un aula ás 10:30 horas pedalean con quendas entre el@s e seguindo o perrecorrido que marca un video da ruta, ao mesmo tempo o resto da clase realiza o xogo RESPONDE e PEDALEA nun panel de pistas para atopar as respostas.

 Durante ese día repártese unha merenda, ademáis da aula participante, ao resto de cursos de cada colexio entre 3º,4º,5º e 6º de primaria que son cos que realizamos todos os anos a marcha ciclista escolar.

 

Enquisa sobre conciliación en tempos de COVID

Desde o Concello de Narón estase a desenvolver un estudo sobre a conciliación familiar e laboral durante os tempos de pandemia. Solícitanos á comunidade educativa nunha carta a nosa participación nunha enquisa ao efecto. O enlace da enquisa enviarase ás familias desde a aplicación AbalarMóbil.

1ª Liga Camiño Escolar Seguro "Pegadas"

Co fin de fomentar o transporte sostible, o luns 19 de abril comeza a 1ª Liga Camiño Escolar Seguro "Pegadas" 2021. Poden participar todos os escolares do centro (tamén o profesorado) acudindo ao colexio en bici, patinete ou camiñando. Nas aulas poñerán unha pegatina no panel de control. Educación viaria do Concello entregará un premio ao centro gañador ao final do trimestre.

Ánimate a participar!    

Bases do concurso.

Distribuir contido