Arrinca"O arcano da Solaina"

 

Durante o curso 2013-2014 o alumnado de 4º de Primaria do colexio estará inmerso en todo un reto: descifrar, a través de fórmulas matemáticas, un misterio no noso Concello.

Esta iniciativa, (Actividade de divulgación cofinanciada co Proxecto GRC2013-045), denominada "O Arcano da Solaina", enmárcase no proxecto ENCIENDE (Ensinanza das ciencias na didáctica escolar). 

 

En concreto, na Solaina o proxecto estará coordinado por Elena Vázquez Abal (USC), e Casto Rivadulla Fernández (UDC) quenes visitarán o colexio periódicamente para guiar ao alumnado de 4º, coa axuda das rúas respectivas mestres, nesta adiviña. 

O obxectivo final é acercar aos nenos e nenas deste ciclo no apaixoante mundo dos números dun modo ameno e divulgativo, á vez que incrementar o seu coñecemento sobre pequeñas historias do seu entorno máis inmediato e facerlle comprender a utilidade das matemáticas para solventar todo tipo de problemas.

Iremos contando os nosos avances nesta web. Polo momento, podemos adiantarvos que as tres clases están divididas en grupos e que, entre sí pero con moito segredo, comezan xa a darle voltas á cabeza a este reto…

O sol deste día otoñal permitiu levar a cabo a 1º adiviña.