ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA. OUTUBRO 2014

Ao longo da semana do 20 ao 24 de outubro, fixemos varias actividades programadas conxuntamente co equipo de educación viaria do concello de Narón.

Así, o luns día 20  foron @s alumn@s de 2º de primaria os que fixeron as prácticas de peóns e condutores na pista itinerante do concello, nas instalacións do pavillón escolar.

O martes, día 21 @s alumn@s de 5º  e o mércores, día 22 @s alumn@s de 6º de primaria, tiveron unha charla e posterior coloquio sobre as novas normas de conducción das bicicletas e os medios de transporte sostibles.


Por último, o venres día 24, @s alumn@s de 3º e 4º de primaria fixeron un paseo en bicicleta ata o Concello, onde visitaron as instalacións e tiveron unha entrevista co alcalde de Narón que os recibíu no salón de plenos.Alí @s alumn@s poideron facerlle algunhas preguntas sobre o seu labor ao fronte do concello.