Exposición itinerante InvestigArte

Desde o día 12 de xanerio, o centro acolle a mostra itinerante "InvestigArte, exposición dos científicos de hoxe e do mañá," iniciativa que a Fundación Barrié, no marco do seu proxecto educaBarrié, ofrece aos centros de ensino que o solicitan.

Por iso, A Solaina, na súa aposta por achegar ao alumnado á Ciencia, exhibe estes día as mellores obras artísticas do concurso fotográfico InvestigArte, promovido pola Fundación Barrié e do que podedes atopar máis información na súa web

(http://www.investigarte)

A mostra que poderá visitarse no centro en horario lectivo ata o venres, 15 de xaneiro, ofrece as diferentes miradas á ciencia desde a prespectiva de investigadores profesionais e alumnos.

O noso agradecemento a educaBarrié por esta iniciativa.