APRENDO PEDALEANDO: Visita a Emerxencias Narón.19-3-2015

Máis de 100 alumnos-as de 5º e 6º de primaria fixeron unha visita en bicicleta á base de Emerxencias de Narón dentro do programa APRENDO PEDALEANDO preparado polo equipo de educación viaria.

Acompañados polos profesores-as, pais e nais saíron do colexio de A Solaina coas súas bicis para dirixrise pedaleando ata a base de Emerxencias de Narón, sita no polígono do Río do Pozo.Alí nos recibiron os seus compoñentes para explicarnos como funciona este equipo e cales son as súas funcións.Despois pasamos a facer unha actividade práctica de descenso en tirolina nas propias instalacións do grupo.

Para finalizar co almorzo para repoñer forzas e voltar outra vez pedaleando ata o colexio coa satisfacción de coñecer un pouco mellor o traballo de este servizo do concello de Narón.

Podemos ver algunhas imaxes de estas actividades na galería de fotos de esta páxina.