O colexio celebra o Día das Letras Galegas

   No CEIP A Solaina organizouse, como é habitual, un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016 ao redor do autor ao que se lle adica cada ano. Como nesta ocasión estaba adicado ao poeta lucense Manuel María, traballouse nas aulas acerca da súa vida e da súa obra.

 Proposta de traballo do Departamento de Normalización Lingúística

"SOÑANDO GALICIA CON

MANUEL MARÍA"

   O 20 de maio de 12.00 ata as 14.00h. o alumnado e profesorado do centro xuntámonos no patio principal para desenvolver o programa de actividades. Houbo dende cancións, representacións teatrais, recitais dos seus versos...

   

   A xornada rematou coa interpretación musicada do poema "O carro" e cun forte aplauso común de todos os  participantes.

 Homenaxe a Manuel María no recuncho da biblioteca .