Neste Curso (17)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS
Esta semana comezamos a celebración do Día das Letras Galegas que, como xa sabedes, este ano adícaselle ao escritor galego Roberto Vidal Bolaño.
Cada día un curso recitaranos un poema dos "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro.
Podedes ir seguindo os nosos poemas no blog da biblioteca.
DÍA DO LIBRO
DÍA DO LIBRO
O martes 23 de abril celebramos O Día do Libro.
Todos os alumnos e alumnas do cole fixeron unha lectura no patio cun dos seus compañeiros.
A biblioteca agasallounos a profes e alumnado cun libro a cambio dunha frase ou poema:
Para min un libro é...
Podedes atopar máis información no blog da biblioteca.
APADRIÑADOR DE PALABRAS
APADRIÑADOR DE PALABRAS
Como xa ben sabedes, este ano apadriñamos palabras relacionadas co mundo dos artesáns.
Dende Educación Infantil ata o 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos unha fermosa exposición acerca dos oleiros, ferreiros, o coiro e os cesteiros.
O resultado podédelo ver no blog da biblioteca ou pinchando nunha destas imaxes.
XADREZ
XADREZ
O pasado venres 15 de marzo todo o alumnado de Educación Primaria do centro tivo a oportunidade de asistir a unha interesante charla acerca do xadrez.
No blog da biblioteca podedes atopar máis información acerca do tema:









