Skip to Content

RESUMO ACTIVIDADES PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO "Contra o aburrimento, Caión en movemento" (1º Trimestre)

30/09/2020: Celebración do Día Mundial do Deporte Escolar.

En conmemoración do Día Mundial do Deporte escolar e para vivenciar a nosa propia “volta á nova normalidade”, os alumnos/as do cole fixemos unha Andaina pola nosa costa de Caión. Andando, gozamos da nosa natureza, aprendemos a coidar a nosa contorna e fixemos merecidos descansos para merendar e xogar cos amigos/as.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

Día do deporte escolar

 

 

 

08/10/2020: VII Carreira de obstáculos pola inclusión ENKI: Esta Carreira organizada pola Fundación Abrente, xa vai pola súa VII edición. No CEIP Caión “argallamos” probas nas que había que superar diferentes obstáculos, e pasamos un día xenial, practicando actividade física ao aire libre.

Temos que destacar a inestimable axuda dos voluntarios/as de 5º e 6º de Ed. Primaria, que se encargaron de que todo funcionase ás mil maravillas.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

16/10/2020: Limpeza de Praias:

Como tódolos anos o CEIP Caión participamos na recollida e limpeza dos areais da vila coa colaboración do Concello. Árdua tarefa foi existrar e clasificar todo o lixo que atopamos, pero valeu a pena, deixar as nosas praias un pouco máis limpas, e á súa vez, concienciarnos do que como individuos podemos influir no coidado do medioambiente.

Preme aquí, para ver a noticia nos medios de comunicación.

 

 

23/10/2020: Pakolas en Concerto:

Coa colaboración do Concello, organizamos un fantástico concerto didáctico onde Paco Cerdeiras acudíu a presentarnos o seu novo Libro Disco Ramona Órbita e nós aproveitamos para mover o esqueleto e bailar ao son da súa música.

Preme aquí, para escoitar a canción de Ramona Órbita.

 

13/11/2020: Celebración do DÍA DAS LIBRARÍAS:

En coordinación co equipo de Bibliotecas, o equipo de mestres realizamos unha dinámica na que o alumnado puido ver, en relación aos ODS, as diferencias que hai entre os diferentes tipos de familias en relación aos seus ingresos económicos, fomentando a compra simbólica do alumnado cun reparto inxusto dos recursos. Esta dramatización serviunos para darnos conta do nocivo que pode ser o consumismo e tamén para traballar a tolerancia e empatía cos nosos compañeiros/as.

Para ver máis fotos e vídeos, premer na imaxe:

 Preme aquí, para ver o vídeo desta actividade realizada polos alumnos/as de 1º e 2º.

 

13/11/2020: Magosto:

Para conmemorar o Magosto fixemos diversas actividades por aulas en torno ás castañas. Para rematar e en colaboración coa a A.N.P.A do centro, tivemos unha degustación de produtos do outono.

22/12/20: Festival de Nadal. Este ano vivimos un Festival de Nadal un  pouco atípico, porque non puidemos disfrutar del todos/as xuntos/as. Aínda así, puxemos todo o noso empeño en ensaiar as nosas paxoliñas, bailes, coreografías e teatro e grazas ás novas tecnoloxías, toda a Comunidade educativa, de xeito telemático, puido gozar coas nosas actuacións.

 

Para ver o festival online, premer na imaxe:

ABERTO O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR..

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022.

 

Lembrámosvos que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Solicitarase CITA PREVIA: vía telefónica (881880694) ou correo electrónico (ceip.caion@edu.xunta.es).

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

1.- Formulario de matrícula: (descargar aquí) ou solicitar no centro.

2.- Dúas fotos tamaño carnet.

3.- Copia da tarxeta saniataria do alumno/a.

4.- Certificado de empadroamento.

5.- Libro de familia (se non entregou na admisión).

6.- DNI/NIE dos proxenitores e do alumno/-a (se o ten e se non se entregou).

7.- Transporte escolar (cubrirase no momento de formalizar a matrícula).

8.- Comedor escolar (Xestionado pola ANPA. Información ao formalizar a matrícula).

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar


Convócanse as seguintes axudas:

. Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).

 

. Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.
    • Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

 

. Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de Xuño. Deberá presentarse preferiblemente por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será luns, martes e xoves de 09:30 a 10:20. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa. AQUÍ podedes descargar os anexos (ou solicitade unha copia na dirección do centro).

Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881880694 ou por correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

. Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

. Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro.

. Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

. Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

. Declaración da renda 2019 (só se non permite a comprobación telemática).

. Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

 

Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro. 

No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2019, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. Se non se presentou a Renda no 2019, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 6 de maio de 2021.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022.

Con data de 13 de maio de 2021,  informamos da Publicación da Resolución definitva do alumnado admitido para o curso 2021-22. TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

AVISO: As listaxes están publicadas no taboleiro interior do DIRECCIÓN DO CENTRO pois pola Lei de Protección de Datos, o centro non pode difundirlas na web.

Se o precisan, poden consultarse na DIRECCIÓN do centro, de 09:30 a 12:00. Non é preciso pedir cita. Tamén se poden consultar na aplicación ADMISIONALUMNADO.

CURSO 2021-22

Nº de solicitudes

Resolución Provisional

4º Educación Infantil

4

TODAS ADMITIDAS

6º Educación Infantil

1

TODAS ADMITIDAS

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA, do 20 ao 30 de xuño.: Informaremos nesta mesma páxina web da súa formalización.

Distribuir contido


by Dr. Radut