SEMANA da IGUALDADE

Enviado por admin-contidos o Ven, 29/10/2021 - 20:00
A semana do 2 ao 5 de novembro celebramos no colexio a SEMANA DA IGUALDADE NO CARBALLAL, organizada pola ANPA en colaboración co centro.
Durante o longo da semana realizáronse diversas actividades con tódolos grupos de Infantil e Primaria: teatro, contacontos, cine, xogos, charlas…, encamiñadas a traballar a igualdade dende as primeiras idades para conseguir entre todos e todas unha sociedade máis xusta e mellor.

EXPOCABAZAS DE SAMAÍN-HALLOWEEN 2021

Enviado por admin-contidos o Xov, 28/10/2021 - 19:00
Un curso máis, e grazas á colaboración das familias, aquí tedes o resultado da exposición celebrada no colexio co gallo da celebración do Samaín-Halloween 2021.

Celebrando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Enviado por admin-contidos o Xov, 21/10/2021 - 19:00

 

Co gallo da celebración o 24 de outubro do «Día das Bibliotecas Escolares», levamos a cabo o venres 22 o maratón de lectura do libro FAFARRAIOS no que participou todo o alumnado. Este curso tampouco puidemos levar a cabo a emisión de lectura en directo como en anteriores edicións polo protocolo COVID, pero estamos seguros de que a gravación que podedes ver a continuación (premendo na imaxe) e que tedes a vosa disposición no blog da Biblioteca «O ESPAZO MÁXICO DE CARBI», será do voso agrado.

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!!

Enviado por admin-contidos o Mar, 05/10/2021 - 19:00

O día 6 de outubro levamos a cabo a inauguración da Biblioteca escolaR, e na que neste curso traballaremos no proxecto: «RESIDUOS CERO CON CARBI».*Preme na imaxe.

DÍA EUROPEO DE DEPORTE ESCOLAR

Enviado por admin-contidos o Xov, 23/09/2021 - 19:00

O pasado día 24 de setembro celebrámolo Día Europeo do Deporte Escolar con todo o alumnado. A xornada comezou cunha coreografía nas aulas e continuou no patio a partir das 9:30 cunha rotación por diversos deportes e xogos no que todos e todas disfrutaron da actividade deportiva, fundamental para o benestar físico, mental e social que deben ter todas as persoas.


Día Europeo do Deporte Escolar 2021 - Kizoa Movie Maker

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

Enviado por admin-contidos o Lun, 06/09/2021 - 08:38

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

(PREMA NA IMAXE PARA AMPLIAR)

 

 

HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA PARA O CURSO 21/22

Enviado por admin-contidos o Lun, 06/09/2021 - 07:40

OS HORARIOS PARA ESTE CURSO 2021/2022 SON OS SEGUINTES:

- INTANTIL: ENTRAN POLA PORTA DE INFANTIL.

- 1º, 2º E 3º: ENTRAN POLA PORTA PRINCIPAL DO COLEXIO.

- 4º, 5º E 6º: ENTRAN POLA PORTA DE SECRETARÍA.

(PREMA NA IMAXE PARA AMPLIAR)

 
 

REUNIÓN INICIO CURSO 2021/2022

Enviado por admin-contidos o Xov, 02/09/2021 - 08:27

ESTAMOS DE VOLTA! 

Estas son as reunións por clases da semana que ven.

 

CERIMONIAS DE GRADUACIÓN - CURSO 2021

Enviado por admin-contidos o Dom, 04/07/2021 - 22:41

 

Nas seguintes imaxes podemos atopar o enlace as graduacións do alumnado, tanto de 6º de Ed. Infantil como o de 6º de Ed. Primaria.

 

CERIMONIA DE GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

 CERIMONIA DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA

 

 

ENTREGA DE PREMIOS DO XV CERTAME LITERARIO

Enviado por admin-contidos o Mér, 23/06/2021 - 19:00

Co gallo da celebración do fin de curso 2020/21 o 22 de xuño, celebrouse tamén como outros anos o acto de entrega de premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías do CERTAME LITERARIO, organizado polo noso colexio e dirixido a toda comunidade educativa.

Premede en CARBI, e accederedes ao «Espazo Máxico de Carbi», onde poderedes ver a montaxe audiovisual da entrega de premios.

                            

   XV CERTAME LITERARIO    

 

Distribuir contido