SAMAÍN

Enviado por admin-contidos o Xov, 22/10/2020 - 16:22

 

Un ano máis chega o Samaín ao colexio Carballal.

É unha data moi importante e, como todos os anos, ímola celebrar

Para elo necesitamos a vosa axuda........

Clicade na imaxe para saber como o imos a facer.

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Enviado por admin-contidos o Lun, 19/10/2020 - 11:47

 

O vindeiro venres 23 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares.

Podedes vir disfrazados de personaxes literarios, autores ou autoras.

Faremos a maratón de lectura do libro "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas que colgaremos na páxina web do colexio.

 

 

CONTACTO CENTRO

Enviado por admin-contidos o Lun, 13/07/2020 - 08:48

PARA CONTACTAR CO CENTRO,

 

ENVIAR CORREO ELECTRÓNICO A:

 

ceip.carballal.cabral@edu.xunta.es

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Enviado por admin-contidos o Mar, 19/05/2020 - 06:17

 

 

Xa está aberto o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e

axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

 

Curso escolar 2020-2021

 

O alumnado que pode solicitar estas axudas é:

  • 1º e 2º de : Axuda  para compra de libros e material
  • 3º e 4º  : Préstamo libros e axuda material
  • 5º e 6º: Axuda material. Os libros son do Proxecto Edixgal

 

 

  Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19)

 

Enlace ao Diario oficial de Galicia

 

Para presentación electrónica, facendo clic en aquí:

 

 Para presentación presencial: Anexo I e II

(só hai que imprimir as catro primeiras follas)

 

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

 

 

PRAZOS ESTABLECIDOS POLA CONVOCATORIA

 

     Presentación de solicitudes             

  Ata   19.06.2020
Devolución dos libros do curso 2019/2020   

Ata o 07.07.2020

Publicación das listaxes provisionais

Ata o 10.07.2020

Reclamación das listaxes provisionais

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas

15.07.2020

 

 

A presentación da documentación na secretaría do centro farase mediante cita previa no

tf : 886 120 125 ou

no correo :   ceip.carballal.cabral@edu.xunta.es

 

Horario de secretaria: 9.30 ata 14 h

 

 

"DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

Enviado por admin-contidos o Mér, 19/02/2020 - 20:00

5º e 6º de primaria levan a cabo un obradoiro no VERBUM para conmemorar o "Día da muller e a nena na ciencia"

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano (11 de febreiro.org) Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desnvolvemento Sostible, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.  Para saber máis preme en calquera das imaxes e accederás ao blog de 5º/6º.

        

 

THE FOREST WALK IN HALLOWEEN

Enviado por admin-contidos o Xov, 31/10/2019 - 20:58

Este curso saimos a celebrar a festividade de Halloween-Samaín, polo bosque que rodea o colexio. A experiencia foi fantástica, xa que nos atopamos co escenario perfecto para a temática: un entorno natural típico de outono e descoñecido para prácticamente todo o alumnado.  

Para a posta en escena contamos con uns actores  moi ilusionados: os nenos e nenas de 6º curso, que o fixeron de marabilla.

A experiencia foi fantástica, especialmente co alumnado máis pequeno, que disfrutou da experiencia sin medos e coa satisfacción que isto lles supón. Aquí hai algunhas fotos, o luns poderemos incluir as fotos dos grupos dos enos máis maiores. 

This year we went out to celebrate the Halloween-Samaín festival, through the forest surrounding the school.The experience was fantastic, as we found the perfect setting for the theme: a typical natural autumn environment and complete unknown for virtually all students.

For the staging we had some very excited actors: the 6th grade boys and girls, who did it wonderfully.

The experience was fantastic, especially with the younger students, who enjoyed the experience without fear and the satisfaction that this envolve. Here you can see some fotos of the activity, next monday we will include the photos of the oldest kids:

FOREST_WALK_HALLOWEEN - Kizoa Movie Maker
 
( categories: )

50 ANIVERSARIO

Enviado por admin-contidos o Sáb, 29/06/2019 - 19:53

 

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS  OS QUE FIXESTES POSIBLE ESTE 50 ANIVERSARIO!!!

EN BREVE AS FOTOS DO DÍA DA FESTA DO 22 DE XUÑO.

O NOSO CENTRO «VIGUÉS DISTINGUIDO 2019»

Enviado por admin-contidos o Mér, 27/03/2019 - 20:00

 Onte pola tarde pasadas as 20 horas, nunha gala celebrada no Teatro García Barbón "Vigo rendiu tributo aos seus novos héroes, aos do ano 2019: medicos, colexios, artistas, taxistas e institucions. Os galardonados simbolizan o potencial dunha cidade que cada 28 de marzo conmemora e recorda ao mundo que as súas xentes foron as primeiras en doblegar ao exército de Napoleón".

Son palabras recollidas hoxe no Metropolitano.gal, e que poderedes seguir lendo premendo no vínculo para saber máis deste acto, no que o CEIP P. CARBALLAL-CABRAL foi galardonado xunto a outros 28 centros educativos no curso no que conmemoramos todos os 50 anos de actividade educativa.

O noso galardón foi recollido pola nosa directora Mª Dolores Martínez González de mans do noso alcalde Abel Caballero

 
   
   
   
Distribuir contido