blogue deadmin

LIBROS DE TEXTO 2019/2020: LISTAXES DEFINITIVAS

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

No DOG do día 20 de maio de 2019 pubícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

 

Rematado o prazo de presentación de reclamacións ás listaxes provisionais, publícase as listaxes definitivas.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 3º DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 4º DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 5º DE PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE 6º DE PRIMARIA

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DE VALES PARA MERCAR LIBROS DE TEXTO (1º e 2º) E MATERIAL ESCOLAR.

 

Os vales  poderanse recoller no colexio a partir do 2 de setembro.

FESTIVAL NADAL 2015

Deixámosvos un pequeno video que resume as actuacións musicais que se fixeron no Festival de Nadal. Agardamos que vos guste.

 

 

PASEO POLA ARQUITECTURA DE VIGO

Os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha visita guiada pola arquitectura de Vigo. Formando parte do tema que estes cursos tratamos neste primeiro trimestre, en relación co proxecto anual do cole, "conTONeARTE". Este trimestre traballamos a arquitectura, e nada mellor que observala en primeira persona, na cidade olívica, onde coa axuda dunhas guías decubrimos detalles moi, pero que moi interesantes.

 

1º e 2º de Primaria visitan o Castelo de Soutomaior

Dentro do proxecto "conTONeARTE", os nenos e nenas de Primeiro e Segundo visitamos o Castelo de Soutomaior, xa que adicamos o primeiro trimestre ao estudio destas construcións. Pasamos un bo día e aprendemos moito da vida nestes lugares...

Powered by Drupal - Design by artinet