Visita do pintor redondelán M.M. Puhinger

16/04/2016 21:00
Atlantic/Bermuda

Hoxe visitounos  Marcos Míguez Puhinger, un pintor nado en Redondela pero que leva residindo en Vigo dende o ano 2000.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo moi interesado coas explicacións do artista que respondeu a un montón de preguntas feitas polos rapaces. 

Marcos pinta sobre todo con bolígrafo Bic de cor negra, pero tamén o fai con carbonciño e con pastel, pois a cor negra que consigue con esta técnica gústalle moito.

Os seus debuxos parecen fotografías porque quere reproducir a realidade tal como é.

Adiantounos que unha das súas próximas obras vai ser dun elemento arquitectónico popular, que está moi preto do colexio. Se solucionas esta adiviña terás unha boa pista: 

Que cousa cousiña

corre, corre

 e nunca chega á casiña?

 

 



Powered by Drupal - Design by artinet