PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Neste enlace podedes escoitar o audio da gravacióno do Programa das Letras Galegas 2018 elaborado polo alumnado do colexio.

Que o desfrutedes!

 

OBRADOIRO DE XARDÍN: COIDAMOS DO NOSO COLEXIO

Este curso comezou a súa andaina o OBRADOIRO DE XARDÍN, con alumnado de 5º e 6º, co obxectivo de remodelar o xardín de entrada e retomar os traballos na horta. Cada mércores adicamos unha hora a preparar o terreo, cavar, estercar, colocar unha malla antiherbas, plantar, colocar botiñas para acoller nelas diversos bulbos e outras plantas, regar, etc. Organizámonos en cuadrillas que fixeron o seu traballo con moita ilusión, sobre todo ao ir vendo os resultados. Mesmo os camiñantes que pasaban por Cedeira quedaban mirando para o noso xardín. 

Despois puxémonos mans á obra coa horta: podamos, trasplantamos, cavamos, quitamos herbas, colocamos un composteiro... E xa estamos tendo os primeiros resultados: as leitugas están para comelas; as espinacas, piden que as comamos xa; amorodos, pementos e cenorias están a piques.

Dá moita alegría ver como as cousas pequenas e o traballo día a día produce os seus froitos, va que si?

Temos que agradecer a colaboración de: a ANPA do colexio, que mercou plantas e nos deu os troncos; as familias, que ofreceron botiñas de goma e plantas para o xardín; o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que nos cedeu un composteiro; ao profe Chema, que traballou arreo connosco; ao alumnado e profesorado do colexio, que se ofrece amablemente cada día para regar o xardín e a todos e todas os que colaboran para  ter un colexio bonito do que estarmos orgullosos.

 

SAÍDA AO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA, RUTA DA PEDRA E DA AUGA E BOSQUE DE SEQUOIAS... UN DÍA BEN APROVEITADO.

 

Este venres 1 de xuño o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída moi variada. Primeiro visitaron o Mosteiro de Armenteira en Poio; alí, un guía da Deputación levounos facer un percorrido pola igrexa e máis polo claustro, lugares nos que explicou cousas moi interesantes sobre o pasado e o presente do mosteiro. Despois realizaron en baixada a ruta PR-170 chamada "Ruta da Pedra e da Auga", que transcorre á beira do rio Armenteira. Ao chegar á área recreativa chamada "Aldea Labrega" fixeron xogos moi divertidos, despois dos cales xantaron. 

Trala comida, o autobús levounos ao "Bosque de Colón", no monte Castrove, un lugar singular pola presenza de case 500 sequoias traidas directamente de California (EEUU), no ano 1992, para ser plantadas xusto aquí, en conmemoración do 5º Centenario da chegada de Colón a América.

Despois, e para rematar cun bo sabor de boca, foron á área recreativa de "A Seca", tamén en Poio, pero esta vez á beira do mar.

Se queredes ver algo máis... non perdades a presentación que está aquí debaixo. 

 

PARTICIPAMOS NO CONCURSO "FARO DA ESCOLA"

Este curso participamos no concurso "Faro da Escola" que promove o Faro de Vigo en colaboración con diversas empresas e institucións. Traballamos moito para elaborar o noso xornal e recibimos o 3º Premio na categoría de mellor reportaxe.

A entrega de recoñecementos celebrouse o luns 28 de maio nos xardíns do Pazo Quiñones de León, onde estivemos co alumnado dos outros centros participantes.

Unha experiencia que nos esqueceremos!

ALEXANDRA COVELO, ALUMNA DE 6º, GAÑA O CONCURSO DE RELATOS DO MUSEO LISTE

O día 17 de Maio, Día das Letras Galegas, celebrouse a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de Relatos e Fotografía que convocou o Museo Liste de Vigo.

Este ano a gañadora do concurso na categoría de 5º/6º de EP foi unha alumnado noso colexio, Alexandra Covelo, que recibiu un lote de libros, un diploma e unha medalla conmemorativa do Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo. Estamos moi orgullosos da nosa alumna e compañeira e desexámoslle moita sorte no seu futuro como escritora. 

Noraboa Alexandra!

O alumnado do Ceip de Cedeira entrevista a X.A. Touriñán e Diana Nogueira con Faro da Escola.

Este luns 16 de abril o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha entrevista aos coñecid@s X.A. Touriñán e Diana Nogueira da man do Faro da Escola. Asistiron varios colexios da nosa zona e cada colexio fíxolles varias preguntas que el e ela contestaron amablemente. Unha das nosas alumnas, Laura Otero, de 6º, foi escollida para ser "reporteira fotográfica", recibiu moitas indicacións "profesionais" dun periodista do xornal vigués e foi a encargada de gravar os momentos máis salientables da sesión.

Tamén foron dúas alumnas do noso  colexio, Ánxela e Eva, de 5º e 6º respectivamente, as que iniciaron a rolda de preguntas, como así quedou recollido na fotografía principal da reportaxe que aparece no Faro de Vigo de hoxe, martes.

Tedes a continuación un vídeo con algúns momentos desta xornada de actividades periodísticas. Tamén o podedes ver no Faro dixital de hoxe.

 

VISITA A FARO DE VIGO

O xoves 22 de marzo de 2018, o alumnado de 5º e 6º de EP e o venres 23, o alumnado de 2º/3º/4º do Ceip de Cedeira visitou as instalacións de Faro de Vigo para coñecer "in situ" como se fai un xornal. Con esta visita completamos a nosa participación no Programa "Faro da Escola" e aprendemos de "primeira man" como se fan as noticias, os departamentos que  configuran unha empresa periodística e moitas cousas máis relacionadas co mundo xornalístico. Ao remate da visita, tanto alumnado como mestras e colexio, recibiu cadanseu agasallo. Moitas grazas, Faro! 

 

 

COLABORACIÓN CON SAVE THE CHILDREN

No ficheiro adxunto podedes ver a  cantidade que recibiu a Fundación Save the Children e que foi recadada coa carreira solidaria.

PROXECTO POBOS INDÍXENAS

Neste enlace tedes a información de TV Redondela

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet