Skip to Content

RESERVA PRAZA IES ADORMIDERAS

 

Prezadas familias.

 

O luns 15 de xaneiro e ata o luns 5 de febreiro ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza para o alumnado de 6º de educación primaria que o vindeiro curso 2024-2025 comeza a etapa da ESO.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

Forma de presentación: electrónica e presencial.

 

a) Presentación electrónica de solicitudes (ED550A):

1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550A-anexo I, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo I-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo I-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,...). 

4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude (ED550A) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.

 

b) Presentación presencial de solicitudes (ED550A):

1º. A solicitude de reserva (ED550A) e o anexo I-bis, pode presentarse no centro docente no que estea matriculado nese momento o alumnado.

En ambos casos, tamén se poden presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2º. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3º.

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os enlaces da páxina web ou recolléndoos na conserxería do colexio, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

DOCUMENTACIÓN:

GALEGO.

CASTELÁN.

No segunite enlace accederes á páxina de admision alumnado:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/



page | by Dr. Radut