ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

Publícase información referida ao procedemento de admisión do alumnado para o curso 24-25

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

A solicitudes poden tramitarse de forma presencial no centro ou de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación admisiónalumnado:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

A solicitudes de admisión poderán recollerse na Conserxería do centro ou descargar dos arquivos que se anexan.

A continuación xúntase relación de documentos e información sobre o proceso de admisión:

 

1. INSTRUCCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

2. CALENDARIO DE ADMISIÓN

3. ANEXO II: SOLICITUDE- GALEGO

4. ANEXO II: SOLICITUD-CASTELLANO

5. VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS BAREMO

6. RESOLUCIÓN RESULTADO SORTEO ADMISIÓN

7. CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO

7. INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS

8. MANUAL USUARIOS FAMILIA APLICACIÓN ADMISIONALUMNADO

9. MAPA DE ZONAS DE INFLUENCIA DE CEIP 

CALENDARIO ESCOLAR 23/24

No documento adxunto poden consultar o calendario escolar para o curso 23/24.

DIA NON LECTIVO: 13 DE OUTUBRO

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 23-24

Publicada a listaxe de libros de texto de texto e material escolar para o curso 23/24.

Premer no adxunto para ver.

23 de febreiro: Dia de ROSALIA DE CASTRO

Esta semana celebramos o día de Rosalía de Castro con diversas actividades. Neste video podedes disfrutar do recitado dos poemas más representativos de Rosalia por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria.

Augas de Galicia

O alumnado de terceiro ciclo recibiu unha sesión formativa que consistiu no desenvolvemento de actividades divulgativas para axudar a comprender aos estudantes como funciona a natureza e especialmente os ríos.

 

Luz negra no Entroido

As nenas e nenos das aulas do lazo verde e amarelo tiveron unha sorpresa sensorial neste Entroido. A profe Cris contoulles o conto de Leotolda coa maxia da luz negra que resalta as cores. Despois puideron disfrutar dos talleres coa mesma experiencia sensorial: taller de antefaces, debuxo de Leotolda, construcións de cores, mesa de luz e colares e máscara do Entroido galego elaboradas en impresora 3D.

 

Coñecemos algo do Triathlón

O noso alumno Leo Santomé acompañado polo seu adestrador do Clube Triathlon Coruña, Dani González, ofreceron unha pequena exhibición deste deporte tan completo.

Actividade educación medioambiental CEIDA

Un curso máis o alumnado de 3º ciclo está a levar a cabo un programa de educación medioambiental que se iniciou coas charlas por parte dos membros de CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

 

Día da Paz

 A semana do 30 de xaneiro celebramos a Paz con diferentes actividades en aula, decorando as nosas portas e conmemorando o día co "Baile de los siete saltos"

Xa chega o Entroido...

Xa estamos a celebrar o Entroido no cole e para esta próxima semana o Meco manda e pide que cada día traiamos un complemento...

 

 

Distribuir contido