NAVEGA CON RUMBO

 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, presentou no CEIP Couceiro Freijomil o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con seguridade pola Rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A intención é que se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.