Skip to Content

30 de XANEIRO - DÍA DA PAZ

Este ano, con motivo do día da paz quixemos dar unha volta ó mundo. A viaxe foi facendo paradas en varios dos países dos que proceden os nosos alumnos. Descubrimos cales eran os seus xogos tradicionais, os seus bailes, os seus traxes, as súas comidas...e ata as puidemos probar!!

Dende aquí queremos agradecer a todas as familias que participaron pola súa gran labor, e por achegarnos un pouquiño da súa cultura. Moitas gracias!

 

 

XOGUETES SOLIDARIOS

Como xa sabedes, dende a biblioteca do centro este ano estamos a traballar o proxecto de xogos e xoguetes. Durante as últimas semanas os nosos nenos e nenas, xunto cos seus profes, estiveron traballando arreo para elaborar uns preciosos xogos con materiais reciclados.

Estes xoguetes son para unha fermosa causa solidaria. Queremos colaborar coa organización de Cáritas en Mondoñedo, aportando comida para o seu banco de alimentos.

¡¡Non dubides en participar!!

 

SAN SILVESTRE MINDONIENSE

A NOSA FESTA DE FIN DE ANO

DÍA DOS XERSEIS NAVIDEÑOS

Este venres 15 celebraremos o UGLY SWEATER CHRISTMAS DAY, o día dos xerseis navideños.

Animamos a todos a participar vin o cole cos xerseis navideños ou a elaborar as vosas propias prendas!

Estamos desexando vervos!

LUNS DE ZUMBA!

ACTIVIDADE ENMARCADA DENTRO DO PLAN PROXECTA: MÓVETE +

HORARIO DE BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias poderan acudir á Biblitoeca no horario que se indica no cartel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut