CEIP Curros Enríquez

Rúa Sáenz Díez, 52

C.P. 32003, OURENSE

 

Tfno/Fax: 988372043 

e-mail: ceip.curros.ourense@edu.xunta.es

 

   

               

   Fai clic na fotografía para ver a presentación das dependencias do cole

A SEMANA DA SAÚDE

@s alumn@s de Infantil do colexio participan no programa de saúde integral promocionado pola Concellería de Educación. Por este motivo celebraron dúas actividades relacionadas coa adquisición de hábitos saudables:

            

DÍA DA NAI 2016

 

O Día da Nai é unha festividade que se celebra en honor ás nais en todo o mundo, en diferentes datas do ano según o país. Aquí celebrámolo o primeiro domingo de maio, así que @s de 1º fixeron estas bonitas flores con sorpresa para as súas mamás.

 

1º E 2º NA EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 

 

@s alumn@s de 1º e 2º acudiron ao Museo Municipal de Ourense, á XXVII Exposición de Animación á Lectura, con contidos didácticos e pedagóxicos sobre o Ano Internacional dos Legumes.

Coa imaxinación dos pequenos lectores encheron os pratos de menús sans e saudables.

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2016-2017

Nos arquivos que se xuntan poden consultar as listas definitivas de admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso.

Lembren que entre o 20 e o 30 de xuño deben pasar polo centro para formalizar a matrícula. Se non o fan entenderase que renuncian á praza.

Canda o impreso de formalización, que poden descargar da web nun dos arquivos que se xuntan ou pedilo en conserxería, entregarase tamén unha fotocopia da cartilla sanitaria e da de vacinacións do alumno/a e seis fotografías tamaño carné (no caso de alumnado de infantil).

Os alumnos e alumnas que queiran facer uso de servizo de comedor e/ou acollida temperá

deberán cubrir o impreso correspondente, que se lles facilitará no centro á hora de

formalizar a matrícula.

 

 

DÍA DO LIBRO 2016

Para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) @s alumnos de 5º traballaron co "Lazarillo de Tormes" e tamén fixeron un mural coas súas impresións sobre o que é un libro para eles.

Facede clic nos títulos de abaixo:

 

 

"DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

@s alumnos de 5º participaron no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai", convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, resultando finalista na súa categoría a alumna do centro, Paula Cueto Vázquez.

O premio consistiu na xoia que deseñou realizada en prata, que podedes visionar nos enlaces seguintes:

Entrega de premios

Album fotográfico entrega premios

Deseños gañadores

Nova publicada en "La Región" online

 

INFANTIL 4 ANOS: A NOSA VIAXE POR VENECIA!!!!!!!

Emprendemos unha nova viaxe: esta vez visitamos unha cidade de Italia chamada
Venecia. Fixemos turismo pola cidade descubrindo as rúas de auga, os medios de
transporte, os monumentos, a comida e moitas cousas máis.

Ah!! e falamos algo de italiano.

Arrivederci!!!!

 

EDUCACIÓN EN VALORES

 

 

@s alumn@s de Educación en Valores de 5º desenvolveron unha campaña de voluntariado para axudar ós anciáns/ás.

Ollade aquí os seus traballos.

 

 

 

OS POLIÑOS QUE MEDRARON NO COLE

 

Que divertido!!!
Visitaron a nosa clase 3 pitiños casi acabados de nacer.
Coidámolos e observámolos durante dúas semanas, descubrindo moitas cousas sobre
eles: como lle saían as plumas, as súas patas, que comían, como bebían........

UN MUNDO DIFERENTE!!!!!!!

 

 
Distribuir contido