Skip to Content

AMPLIACIÓN AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Xa está dispoñible para as familias que o solicitaron  a ampliación do vale de material para adquirir material escolar. Este vale de 25 euros completa o vale de material que foi concedido con anterioridade e que xa recollerades(o de 50 euros). As familias soamente tedes que vir a recollelo (a persoa que fixo a solicitude a finais do curso pasado) e se non podedes, autorizade a outra persoa para facelo.

O horario é o seguinte:

LUNS A VENRES DE 9:00 A 9:55

LUNS A VENRES DE 13:10 A 13:55

LIBROS DE TEXTO 2022/23

LISTADOS DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Dende hoxe día 12 de maio de 2022 quedan publicadas no taboleiro do centro as listaxes de ADMITIDOS e NON ADMITIDOS para o vindeiro curso 2022-2023.

Recórdase que o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2022

Achegamos a programación do Entroido deste ano para contaxiar á comunidade educativa do espírito festivo destes días, para dar a coñecer as actividades que celebraremos e sobre todo para coñecer os mandadiños do meco que teremos que cumprir nestes días.

Bo Entroido para tod@s!!

INFORMACIÓN CURSO 2021/22

INFORMACIÓN COVID-19

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

FESTA FIN DE CURSO 2020/21

 

O luns 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso, financiada pola Anpa e coa colaboración do centro, dentro do horario lectivo. Inicialmente ía ser a Festa de Escuma para Primaria e Inchables para Infantil, pero o mal tempo obrigou ó plan B, Inchables para tod@s!!

Desfilaron tod@s @s nen@s do colexio e pasáronno en grande!!

 

 

   

INFANTIL: PROXECTO "A HORTA"

 

Os alumn@s de E. Infantil de 3, 4 e 5 anos aproveitamos a primavera para preparar a nosa horta. Plantamos leitugas, tomates, fresas,cebolas... Coidámola cada día e vimos as nosas plantas crecendo pouco a pouco. Ademais puidemos probar as nosas fresas, estaban deliciosas!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut