Skip to Content

Educación física

XOGANDO AO ATLETISMO: Benxamín mixto

O pasado 9 de febreiro acudimos a pista de Expourense para participar no "Xogando ao atletismo", dentro do programa do deporte escolar Xogade.

Asistiron25 alumn@s de 2º e 3º de Primaria, na categoría de benxamín mixto. Competiron en velocidade individual, velocidade por relevos, salto, xabalina, lanzamento de balón lastrado e salto lateral.

A participación foi todo un éxito, tanto polo nivel que demostraron @s atlet@s como polo ambiente lúdico e a convivencia na que se desenvolveron as probas. Esperamos repetir o curso próximo!

 

A PATINAR SOBRE XEO!!

No mes de xaneiro @s alumn@s de 1º a 6º de Primaria asistiron á pista de patinaxe sobre xeo que está situada no Centro Comercial Pontevella. Contamos coa colaboración da ANPA nesta actividade.
Mirade que ben o pasamos!! 

FASE PROVINCIAL CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS 2023

O pasado sábado 16 de decembro celebrouse nas instalacións de A Veronza en Ribadavia a Final Provincial de Campo a través. Todo un éxito para @s nos@s atletas, xa que Dino Abad Fernández e Manuel Fernández Rodríguez acadaron os postos 20 e 21 na categoría Benxamín masculino.

Noraboa aos dous polos seus excelentes resultados!!!!

 
 

XOGANDO AO ATLETISMO EN SPORTUR (alevín mixto)

O 30 de novembro participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou en Expourense, coincidindo con Sportur. Asistimos cos alumn@s de 4º e 5º de Primaria, que competiron nas modalidades de velocidade individual, lanzamento de balón medicinal, lanzamento de vórtex, salto lateral e relevos. Ademais puidemos visitar os expositores e actividades deportivas que se promocionaban en Sportur.

A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!

FASE INTERCOMARCAL CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS 2023

Na fase comarcal da competición de Campo a Través organizada dentro do ámbito de Xogade, participaron vari@s dos nos@s atletas que clasificaron previamente na fase escolar. Moi boa participación de tod@s @s atletas de Curros. Noraboa a tod@s!!

FASE ESCOLAR CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS 2023

Na mañá do martes 14 e 15 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través (Xogaade). Acudimos con 100 atletas, dos que resaltamos un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 1º posto de Daniel Gutiérrez Suárez en Benxamín masculino, 1º posto de Marcos Gutiérrez Suárez e 5º de Nicolás Bocija Abruñedo en alevín masculino e 3º posto de Irene Soto Pérez en alevín feminino.

Podedes consultar a clasificación no PDF adxunto (BENXAMÍN E ALEVÍN)

PDF RESULTADOS IM E IF

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

SAN MARTIÑO 2023

Un total de 112 atletas do CEIP Curros Enríquez participaron na última edición da "San Martiño", que se celebrou o pasado 12 de novembro. Noraboa a tod@s @s participantes. Aquí tedes un resumo da clasificación e se queredes máis información podedes entrar no seguinte enlace.

3º-4º PRIMARIA: XORNADA PROMOCIÓN HOCKEI HERBA

O pasado venres 26 de maio @s alumn@s de 2º e 3º de Primaria acudiron ó campo sintético da Universidade Laboral para participar nunha sesión de promoción do Hockei herba organizada pola Federación Galega desta modalidade deportiva con forte arraigo en Ourense.

 

HOCKEI SALA EN OIRA

O pasado venres 10 de marzo @s alumn@s de 5º de Primaria acudiron ó polidepportivo de Oira para participar nunha sesión de promoción do Hockei sala organizada pola Federación Galega desta modalidade deportiva con forte arraigo en Ourense.

 

CAMPO A TRAVÉS: FINAL PROVINCIAL

O pasado sábado 11 de febreiro celebrouse nas instalacións de A Rúa a Final Provincial de Campo a través. Todo un éxito para @s atletas de Curros, xa que Irene, Daniela e Xiana acadaron o 2º, 3º e 16º postos en Benxamín feminino, Ángel o 31º en alevín masculino e Daniel o 46º en infantil masculino.

Noraboa a tod@s polos seus excelentes resultados!!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut