TRAMO ATA PREGUNTOÑO

Chegou o gran día, 5 de xuño para facer o tramo ata Preguntoño do Camiño de Santiago!!
Todo o colexio saímos ás dez da mañá para facer o percorrido a pé, e ali celebrar unha romaría campestre con actuacións musicais (educación infantil, 3º nivel, Ruth coa gaita e as pandereteiras) e un xantar campestre. Tamén bailamos a Xironda.
Se queres ver máis preme na seguinte imaxe


 
 
Aproveitamos tamén para celebrar o Día do medio Ambiente transformándonos nos MARELAVIXÍAS, encargándonos de non deixar ningún lixo  no espazo de celebración.
 
 
Panos deseñados para o equipo dos MARELAVIXÍAS



OS MARELAVIXÍAS
 
 

 Ao rematar a carón das dúas, todos volvemos polo mesmo camiño para voltar ao colexio agás Educación Infantil que voltou en autobús.

 



 

Powered by Drupal - Design by artinet