CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA 4

Día 22 de outubro

Hoxe estivemos rematando a tarefa de ambientar o acuario paisaxíticamente falando. Votámoslle area, troncos, ánforas e un barril para lograr máis espazos onde esconderse os novos amigos que pronto xa virán para o acuario, donados por unha familia que nos quere ensinar.

Despois de dispor a area no fondo a auga quedou toda turbia , temos que agardar a que se decante e nos permita ver todo o que alí construimos...

Estámolo desexando!!!!!!!


 
     
 

Powered by Drupal - Design by artinet