INTRODUCCIÓN AOS CÓMICS E AO POEMA COLAXE

 

Os alumnos de 4º nivel estudiaron o que era un comic . A mellor maneira de facérnolo saber  foi facendo comics.
E non foron uns comics calquera , foron uns comics nos que os temas foron as olimpiadas e a froita .
De aí os seus títulos :  "Froitolimpiada", "Froitolimpi", " Nominación de froitas ".
O tema das olimpiadas é o eixo vertebrador do curso que estamos a rematar  e  o da froita forma parte dun dos proxectos do Plan Proxecta .Unindo os dous saíron traballos moi "sans" porque o deporte e a boa alimentación a base de vitaminas son uns bos ingredientes para que o produto , neste caso sexa moi "sabedor ".

Que creatividade! Os nenos e nenas de 4º crean , crean cada día . Desta vez fixeron un POEMA COLAXE no que cada unha das súas estrofas  están ilustradas  en base ao escrito .
Unha vez máis quixeron amosar a través de  personaxes  como as froitas, e utilizando o recurso literario da personificación ,o espíritu olímpico mediante distintos deportes .

Que deportistas nos saíron estas froitas: o arándano, a amora, a cereixa , a ameixa e a mazá ; elixidas nesta orde pola cor dos aros olímpicos . 
 
 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet