2 de abril, Día Internacional do libro infantil e xuvenil

Dende o ano 1967  vense conmemorando o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor, entre outros contos, de O Parruliño Feo, A pequena vendedora de mixtos, O traxe novo do emperador.

Celébrase para inspirar amor pola lectura e chamar a atención sobre os libros para nenos.

Aquí tedes aos nenos máis pequenos do cole disfrutando do día!!

Powered by Drupal - Design by artinet