Deportes de inverno

Durante esta semana, na aula de 3 anos, estivemos coñecendo algún DEPORTE DE INVERNO. En vista de que non nevou en Arúa decidimos crear a nosa propia pista de esquí. 

Primeiro, coloreamos uns esquiadores para despois colocalos sobre a neve. O certo é que nos costou dedicir como facer as montañas, tiñamos un montón de ideas...pero, tras DIALOGAR un anaco atopamos unha SOLUCIÓN...empregar papeis e pezas das construcións que temos na aula. Entre todos conseguimos que estes esquiadores o pasen estupendamente nesta branca paisaxe!!

 

 

 

 

 

 

Aquí tedes un vídeo que vimos na aula para aprender un pouco máis sobre o ESQUÍ

 

Powered by Drupal - Design by artinet