Seguimos aprendendo con froitas

O noso compañeiro Victor en colaboración coa súa familia e a mestra de A.L, investigou e aprendeu moito sobre as froitas. 

 

Esta presentacións tan chulas o demostran. Noraboa Víctor!

 

A lingua Lola

Lalaralalala, lilirililili, lolorolololo, a lingua Lola encántalle cantar, pero tamén lle gusta percibir novos sabores, iso nos contou Thais. Como  a nós o que nos gusta e experimentar, aquí nos tedes probando alimentos doces, salgados e ácidos...que difícil distinguilos!! Seguiremos degustando!

 

 

Preme aquí para ver o ben que o pasamos e o moito que aprendemos nas sesións de estimulación da linguaxe en Educación Infantil

 

 

Aprendendo matemáticas

Na aula de Audición e Linguaxe, aprendemos e divertímonos moito co noso novo material de deporte.....coas pelotas de tenis, baloncesto, fútbol e ximnasia rítmica, contamos, facemos series....

Que vos parece??



A soplar!

Os nenos e nenas de Educación Infantil, de 3, 4 e 5 anos na sesión de Estimulación da Linguaxe, practicamos deporte dunha maneira moi especial...xogamos ao tenis, ao voleibol e ao balonmán cunha palliña e unha pelota de ping-pong....que raro, verdade?

Este foi o resultado....

 

 

Alimentos e os seus nutrintes

Na aula de Audición e Linguaxe aprendemos moito sobre os alimentos e os seus nutrintes: vitaminas, graxas, proteínas, hidratos de carbono,...

As froitas son unha fonte de vitaminas e fibra moi importante da nosa alimentación.

 

 

 

Que froita é?

Na sesión de estimulación da linguaxe de eduacación infantil, estivemos xogando a adiviñar froitas a través de preguntas: de que cor son? pódese comer a miña pel? son doce? de qué árbore veño?

Animádevos a xogar na casa!!

 

 

Froitopuzzles

Na aula de Audición e Linguaxe aprendemos moito cas froitas. Coloreamos, recortamos e elaboramos os nosos propios froitopuzzles.

 

 

 

APPS

APPS COMO RECURSOS PARA TRABALLAR AL LINGUAXE

ACTUACIONES PREVENTIVAS

Powered by Drupal - Design by artinet