A ORILLAS DEL SAR

Se queres ver máis preme  aquí

VISITA Á TERRA CHÁ

Hoxe tocou visitar unha paisaxe moi diferente á nosa, a Terra Chá. Imaxinábamola tal cual porque xa viramos vídeos e fixeramos debuxos deste tipo de paisaxe de interior. Estabamos en Outeiro de Rei, na Casa Museo de Manuel María e en Friol, en Avifauna, e para xantar unha paradiña en Vida de Aldea en San Clodio de Aguiar.

 
Saímos de Arzúa ás 10:00 horas para chegar a Casa Museo de Manuel María onde un guía, Fran , nos explicou moitas cousas sobre a súa vida e obra, ademáis dunha fermosa vista polo interior da súa casa: a súa habitación, a sala do reloxio, o seu escritorio, a súa biblioteca privada, unha sala só coas súas obras, tanto poéticas como teatrais.
 
Entrada Casa Museo




E pola tarde en Avifauna, Jose o noso guía foinos introducindo non mundo das aves...explicounos todo moi ben!



En Avifauna coa Pita do monte



 

8 de marzo: día da muller

Convidámosvos a traballar cos nenos/nenas os temas:

As mulleres nos deportes olímpicos

http://www.30minutos.net/blog/item/123-paralimpiadas-2012-mujeres-ol%C3%ADmpicas

As mulleres paralímpicas

https://es.wikipedia.org/wiki/Teresa_Perales

XARDÍN DE OLORES IV

O tempo dounos un respiro...un inmellorable día que aproveitamos para seguir co noso proxecto do XARDÍN de OLORES.

 
Mans á obra!!!!


DÍA DE ROSALÍA NO CEIP DE ARZÚA

 

Aínda non se remataran as actividades adicadas a esta poetisa galega, o venres no colexio, no salón de actos tivemos unha xuntanza todos os nenos e nenas para adicarlle o recitado das súas poesías para por en envidencia o noso lema: 
 

 

                                  
 
Todos e todas levamos unha rosa elaborada manualmente nas aulas, habías con cheiro!!!!
 
 

 

DÍA DE ROSALÍA 24.2.16

Outro ano máis celebrando o Día de Rosalía no noso colexio!!!!!

 

Para iso fomos un grupo de nenos e nenas de todos os niveis en representación do cole á Biblioteca Municipal e a Radioarzúa. Alí cantamos, recitamos e falamos sobre esta galega tan ilustre e tan nosa.

 

Tamén levamos a Correos unhas fermosas postais deseñadas para este evento para felicitar aos nosos!!!!! Estade atentos ao correo!!!!

 

 

 

MÁIS COMPLETA

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 Invitámosvos a coñecer o noso cole!!!!!!

CHARLA

O luns 22, celebrouse no CEIP de Arzúa unha charla informativa para acercar ás familias ao trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A pediatra do Centro de Saúde, Mª del Rosario Monner Romero explicou as causas e sintomatoloxías das diferentes presentacións clínicas do TDAH. O orientador do IES de Arzúa, Xoán Alvarez Castro, en conxunto con membros do Departamento de Orientación do CEIP, Mª Agripina Cabo Devesa, Cruz Leiva Balboa e Thais Amenedo Rodeiro abarcaron aspectos das psicoterapias cognitivas-conductuais e resaltaron a importancia da parentalidade positiva e o emprego dalgunhas técnicas tanto no ambiente familiar como escolar.

Agradécese a asistencia e participación dos pais.

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016-2017

Informamos que o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o novo alumnado nos centros, é do 1 ao 29 de marzo, ambos os dous incluídos.

Para máis información, pincha nos seguintes enlaces:

INSTRUCCIÓNS XERAIS

NORMATIVA

Orde de admisión (DOG 15/03/2013)

Instruccións Dirección Xeral

Instruccións Xefatura Territorial

DOCUMENTOS A CUMPRIMENTAR

Anexo II- Solicitude de admisión

Anexo III- Formalización de matrícula

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

SERVIZO DE TRANSPORTE (Ofertado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U)

SERVIZO DE COMEDOR (Ofertado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U)

PLAN DE MADRUGADORES (Ofertado polo Concello de Arzúa)

 

Powered by Drupal - Design by artinet