DIVULGACIÓN PAISAXE

Natalia Noguerol, a corresponsal da zona, estivo no colexio para entrevistarnos e elaborar unha noticia sobre o noso proxecto de Paisaxe deste curso e sobre o segundo premio do proxecto do curso anterior pola Consellería de Medio Ambiente, despois da participación de 28 centros de toda Galicia, a maioría IES.
 


Asemade tamén saímos no Correo Gallego


E en La Voz de Galicia

 

CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA 5

Día 27 de outubro:

 

Hoxe Naco e Juanjo trouxéronnos uns guppis para meter no acuario... son de cores, moi pequeniños pero á vez moi inquedos ...non paran!!!

 

Tamén vimos en directo como un caracol vermello ou planorbis devora unha miñoca de auga.

 

Tamén fomos de observación de como se está levando a decantación, a disposición en capas dos diferentes sedimentos ata que a auga quede totalmente clara.

ESTÁMONOS PREPARANDO!!!!!

Estamos preparando a festa do Samaín para celebrála o mércores 28, este ano adicada aos ESQUELETOS...

A entrada do cole ataviada de cor negra para simular o mundo do medo...





As portas xa están ataviadas das mellores galas samaínticas...



ATRÉVETE A ENTRAR!!!!!!


 


 

E nós facendo adornos sen parar...

CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA 4

Día 22 de outubro

Hoxe estivemos rematando a tarefa de ambientar o acuario paisaxíticamente falando. Votámoslle area, troncos, ánforas e un barril para lograr máis espazos onde esconderse os novos amigos que pronto xa virán para o acuario, donados por unha familia que nos quere ensinar.

Despois de dispor a area no fondo a auga quedou toda turbia , temos que agardar a que se decante e nos permita ver todo o que alí construimos...

Estámolo desexando!!!!!!!


 
     
 

XA VEN O SAMAÍN!!!!!!

Le antes esta lectura

 
 
 e logo xoga premendo na imaxe!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

CADERNO BITÁCORA DO ACUARIO:DÍA 3

Día 20 de outubro:


Hoxe Nacho tróuxono dunha charca e dun acuario dun amigo novos seres para meter no noso: gambas de río ( que van ser o alimento preferido dos guppis) e lombrices de auga. tamén introducimos máis materiais de madeira para crear máis espazosxunto con area, un lugar para as lombrices onde farán galerías.

 

Saída Avifauna

O pasado día 23 de outubro, todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída Avifauna. Pasámolo xenial!

Preme aquí se queres descubrir todas as aves que vimos. E a ti, cal che gusta máis?

 

 

POLO CORREO DO VENTO

Enrique Mauricio xunto a Carlos Taboada forman o grupo Polo Correo do Vento e tivemos a gran sorte  de que nos visitaran hoxe no cole aos nenos e nenas de 1º, 2 e 3º nivel cun fermoso conto "Protexendo o camiño". Que mellor actividade para o programa Paisaxe que levamos no cole que coidar o noso tesouro, o Camiño de Santiago para que perdure limpo no tempo.

A actividade tivo dúas partes, unha a narración simultánea da ilustración do conto e logo unha actividade de debuxo a nivel individual...ENCANTOUNOS!!!!!!

Mentras o escritor narraba a historia o ilustrador ia debuxando. Falaban duns peregrinos que estaban namorados. Unha peregrina estaba namorada dun inglés,  e comentouse como se saudaban os ingleses. E un peregrino dunha francesa, e tamen se comentou como se saudaban os franceses. Confesaronse o seu amor e deronse un bico a pata coxa. Os nenos riron moito e facian o xesto do latido do corazón acelerado coa man. E finalmente debuxaron un peregrino guiados polos pasos do ilustrador. Primeiro duas boliñas que foron os ollos.  Despois un c, que foi o nariz. A continuación,  o sombreiro cunha cuncha de peregrino. Posteriormente,  mediante nubes, foron debuxando as orellas e a barba.  Logo trazaron unha línea horizontal e longa onde consideraban que remataria o corpo. E finalmente trazaron o corpo, as mans e un bastón de peregrino na man dereita,  que era a que tiña adiantada, cunha cuncha de peregrino enriba.

Se queres ver máis fotos preme na seguinte imaxe imaxe

 

Opcións de comentarios

A PROCURA DA MELLORA DO COMPORTAMENTO DOS FILLOS

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO COLEXIO INICIAMOS UN BLOG PARA TRABALLAR COAS FAMILIAS O COMPORTAMENTO DOS FILLOS NA CASA. PREOCÚPANOS COMO MELLORAR A CONDUTA DOS FILLOS.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTE BLOG QUE AO LONGO DO CURSO IRA REFLEXIONANDO CON VÓS SOBRE ESAS CONDUTAS QUE ÁS VECES CREAN TENSIÓN.

PODEDES VER E COMENTAR EN http://napacomporta.blogspot.com.es/

 QUE CARA POÑEMOS?

FACENDO PAISAXE

Poesía e paisaxe poden ir á par, se queres velo preme na imaxe

Powered by Drupal - Design by artinet