Benvida

Benvidos á web do CEIP de Bormoio-Agualada.  Estamos aquí

 

Matrícula 2012-2013. Solicitude de admisión.

 


 


 


MATRÍCULA 2012-2013.


 


SOLICITUDE DE ADMISIÓN.


 


 


O prazo para presentar a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2012/2013 para alumnos/as novos/as no C.E.I.P. “BORMOIO-AGUALADA”, será do 1 ata o 31 de marzo,  en días lectivos e dentro do horario escolar deste centro.


O alumnado que xa esté matriculado no noso centro non deberá facer reserva para o vindeiro curso.


 


DOCUMENTACIÓN NECESARIA :


                                                                                                         


·        Certificación de empadroamento (solicítase no Concello).


·        Dúas fotos tamaño carné.


·        Fotocopia do libro de familia (páxina onde está o/a neno/a)


·        Fotocopia da cartillas de vacinas.


·        Número de D.N.I. dos pais, e no seu caso dos titores.


·        Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.


·        Fotocopia da última declaración da renda (só para os usuarios que queiran empregar o servizo de comedor).



  • Documento para a solicitude de admisión (Anexo II da orde do 17 de marzo de 2007). Pódese recoller no centro ou descargala nesta páxina.

Pincha aquí


 


 


 

Entroido 2012


No seguinte enlace podedes escoitar a canción do Entroido 2012 así como a base musical e aprender a letra. Blog de música


CONSIGNAS  PARA  O MECO  2012


 


Amasando as orellas,
florecen os salgueiros,
arrecenden as filloas,
o entroido está moi preto.


O LUNS o Meco manda
actúa con presteza
adorna o teu corpo
trae algo na CABEZA.


O MARTES xa é chegado
o entroido ven con gozo
non sexas renegado
trae algo no PESCOZO.


Agora vai o MÉRCORES
non quites o que xa tes
e xunto a todo isto
trae algo tamén nos PÉS.


Recorda para este XOVES
non vir a cara lavada,
adornada con boas cores
traerás a CARA pintada.


O VENRES é festa grande
comeremos larpeiradas,
pasearemos disfrazados
¡Viva Entroido! en Agualada.
 

Traballos de Normalización Lingüística

Recollemos nos arquivos adxuntos os diferentes traballos realizados pola Equipa de Normalización do CEIP de Bormoio-Agualada.

Festivos locais para o curso 2011-2012

As datas que non haberá clase o presente curso, a maiores das aprobadas no calendario escolar, son as seguintes:


5 de decembro. (Decidido polo Centro).


28 de maio. (Festivo do concello de Coristanco).

Arrancamos o novo curso escolar 2011-2012 !!!!!!!!!

Benvid@s un ano máis ó CEIP de Bormoio!!!!!Risa


Estes son os seguintes horarios para o comezo do curso:


Luns día 12: Presentación do novo curso 2011-2012 en


 horario de 9:45 ata 12:00.


  


 Martes 13: Comezo das clases en horario de xornada


continuada de 9:45 ata 14:45, excepto o alumnado


 usuario de comedor e transporte, que sairá ás 16:00


 


 


 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2011-12

 


PINCHA NO SEGUINTE ENLACE PARA VER OS LIBROS DO VINDEIRO CURSO.


LIBROS

Becas para os libros de matemáticas de 3º e 4º de primaria

Para os alumnos de 3º e 4º poderase solicitar a beca para o libro de matemáticas.


O prazo de solicitudes remata o 30 de xuño.


A solicitude podese descargar da seguinte dirección:


http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2010/09/01/anexos_ed330c-g_anexo_i.pdf

Axudas para libros e material escolar para o curso 2011-2012

Áta o 30 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para libros e material escolar do curso 2011-2012 para o alumnado que o curse 1º, 2º 5º e 6º de primaria. O alumnado de 3º e 4º tamén pode solicitar a axuda para o libro de matemáticas.


Toda a información a podedes atopar nas seguintes direccións:


http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria


Solicitudes e documentación: SOLICITUDE


http://www.edu.xunta.es/web/node/1001


Contía das axudas:


http://www.edu.xunta.es/web/node/1002

GAÑADORES CONCURSO LETRAS GALEGAS 2011

Estos son os gañadores do ceip de BORMOIO- AGUALADA do concurso das letras galegas que o concello de Coristanco organiza para os coles da zona:


Modalidade Narrativa:


RUBÉN ÁLVAREZ                           3º PRIMARIA.


PAULA GONZALEZ                        4º PRIMARIA


ANNA TABOADA                         5º PRIMARIA


SAMUEL ABELENDA                   5º PRIMARIA


Modalidade Poesía:


IKER ANDRADE                             3º PRIMARIA


ANTÍA MUÑÍZ                              6º PRIMARIA


 


Modalidade Monográfico:


1º PRIMARIA


2º PRIMARIA


EDUCACIÓN INFANTIL


 


 NORABOA A TODOS!

Distribuir contido