Skip to Content

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2013-2014

Para o curso escolar 2013-2014 os prazos previstos na orde vixente para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de adscrición (CPI Alcalde Xosé Pichel ou CPI As Revoltas) dende o 18  ata o 22 de marzo; (procedemento a realizar polo noso centro)

2. Presentación da solicitude de admisión en infantil e primaria: dende o 5 ata o 17 de abril.

3. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: dende o 20 ata o 30 de xuño.

 Documentación necesaria para admisión en infantil e primaria:

 

·        Certificación de empadroamento (solicítase no Concello).

·        Dúas fotos tamaño carné.

·        Fotocopia do libro de familia (páxina onde está o neno).

·        Fotocopia da cartillas de vacinas.

·        Número de D.N.I. dos pais, e no seu caso dos titores.

·        Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.

·        Fotocopia da última declaración da renda (só para os usuarios que queiran empregar o servizo de comedor e non teñan dereito a transporte).

·        Documento para a solicitude de admisión (Anexo II). Pódese recoller no centro ou descargar pinchando aquí.



page | by Dr. Radut