Skip to Content

Concello de Coristanco

Mensaxe do Concello de Coristanco: 

Queridas familias!

Estamos a planificar as Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2023/2024. Esta folla axudaranos a ter unha estimación. Grazas a vosas respostas poderemos axustar as actividades extraescolares ao gusto de todos. Para facilitar a organización, e por tanto, atenderlles cun servizo de calidade, rogamos que marquen a/s actividade/s ás que opten para os seus fillos/as con orden de preferencia (sendo 1 para marcar aquela de maior preferencia).

Rogamos nos faciliten este formulario antes do 16/06/2023 de forma presencial na Biblioteca Municipal ou a través da canle electrónica biblioteca@coristanco.gal.

 

Moitas grazas de antemán!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2023/24

PRAZO LÍMITE: 20 DE XUÑO

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participacion no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B)

(Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023).

 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP

NOVIDADES

  • No curso 2023/2024 en 4º e 6º de EP permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
  • En 3º e 5º de EP manteranse os libros de texto do curso 2022/2023
  • Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN 

  • Electrónica: utilice esta aplicación (FONDOLIBROS) e presente solicitude na Sede Electrónica

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación (FONDOLIBROS), imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

Ver no documento anexado neste documento. 

 

INFORMACIÓN SOBRE A SEDE ELECTRÓNICA 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023

 

MANUAL PARA OS SOLICITANTES

Anexado nesta publicación. 

 

Listas de admisión definitivas

A dirección do CEIP de Bormoio-Agualada informa:

-Todo o alumnado que solicitou praza no proceso de admisión, obtivo praza e figura polo tanto como admitido no centro educativo para o vindeiro curso 2023-2024.

-As listaxes definitivas de admitidos están publicadas no taboleiro no interior do colexio.

-Seguindo as instrucións do Servizo de centros, ao non ser preciso baremar para ningún curso, publícanse xa as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2023/ 24.

-Entre o 20 e 30 de xuño de 2023 deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro.

Antes do inicio do proceso de publicarase a documentación necesaria.

 

Un saúdo. 

 

Menú Maio

Distribuir contido


by Dr. Radut