Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012Publícase no DOG a Orde do 22 de febreiro de 2012, a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril. A información sobre este programa atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enviado por admin en Lun, 03/05/2012 - 11:44. categories [ ]
RESERVA DE PRAZA 2012/13O día 1 de marzo ábrese o periodo de reserva de praza para novo alumnado para o curso 2012/13. Os impresos e a información facilitaranse na secretaría do centro. O Horario de atención ao público será: Luns, mércores e venres: 9 h. a 10:30h. Martes e xoves: de 9h. a 14h. Máis información neste enlace.
a. Normativa reguladora da admisión de alumnado.
b. Oferta de postos escolares para o curso 2012/13.
c. Área de influencia do centro. Castrelo
d. Prazo de presentación de solicitudes. Do 1 de marzo ao 10 de abril de 2012 incluído.
e. Publicación de listas de admitidos e prazo de reclamacións.
f. Prazo para a formalización da matrícula. Do 20 ao 30 de xuño de 2012.
Enviado por admin en Mar, 02/28/2012 - 12:28. categories [ ]
Regulamento de Réxime InternoO día 11 de outubro de 2011 o Consello Escolar aprobou o novo Regulamento de Réxime Interno. Nel recóllense as normas de funcionamento do centro así como os dereitos e deberes dos membros da comunidade educativa. Dada a importancia que este documento ten para o funcionamento do centro, convidámolos a que o consulten, ben na Secretaría do Colexio, ben no arquivo adxunto.
Enviado por admin en Xov, 10/13/2011 - 12:17. categories [ ]
|
Eventos
|