Skip to Content

CURSO 22/23

Preparados para comezar co noso proxecto "PETROTÉXTILES "

 

A finais do mes de xullo saiu publicada a relación de centros que pasabamos a formar parte do programa POLOS CREATIVOS, a isto sumouse a boa puntuación do proxecto que presentamos o que fixo que nos sentíramos moi orgullosos xa que está contextualizado no entorno do noso alumnado, en Louro,  nel integramos a investigación do noso patrimonio arqueolóxico  cos  petroglifos de   "Laxe das Rodas", a costura da man das mulleres da nosa comunidade e os e-textiles.

 

Os dous primeiros días de clase  fixemos unhas actividades para introducir o tema con todo o alumnado do colexio como sempre nos gustou facelo , volvendo a desfrutar da normalidade .

ACTIVIDADE INTRODUTORIA

A  finais de curso tamén  recibimos o Diploma pola participación no Programa RESIDUOS CERO  ,coordinado pola profe  Candi e  que tan bos resultados está dando.

E como vedes este verán non paramos , fixemos varios cambios nos espazos que queremos compartir con vós:

AULA INFANTIL

 

 

O NOSO PATIO, SOMOS TRIBU!!!

 

 



story | by Dr. Radut