Na casa da familia materna vivía Balbina, a avóa de Lois, á que viña visitar Emilia que era unha señora semellante a Balbina que coidou tanto de Lois coma do seu irmán Xosé Manuel cando eran pequenos. Para eles era coma a súa avóa. As tendas que máis frecuentaba e lle gustaban a Lois eran as librarías. Cando a súa nai os levaba ao dentista a Lugo, prometíalles que despois pasarían pola libraría e poderían mercar un libro. Lois, antes de mercalo sempre lía un pouco ata convencerse de que era interesante. A súa noiva, Piedade Cabo, coñeceuna nunha discoteca. Fora compañeira de estudos. Ese día na discoteca recitoulle un poema titulado “Sepultura” e Piedade quedou abraiada do ben que o facía. Nalgúns dos seus poemas fai alusión a unha loia, paxaro polo que sinte especial cariño. O suceso máis grave que lle ocurriu foi o envelenamento causado por comer alimentos cociñados con aceite de colza.