Secretaría

Horarios curso 2011/12

Durante o més de outubro o horario lectivo será de 9:45h a 14:45h.

Establecese así o novo horario de Xornada Única  empezando tamén as actividades complementarias.

Sesión de clase (3)
9:45 h.
Recreo 12:25h.
Sesión de clase(2)
 12:55
Comedor 14:45h.
Recreo comedor  15:30h.
Transporte escolar 16:30h.

A Asociación de Nais e Pais segue ofertando "Bos días cole", un servizo de apertura do colexio as 7:30h. para todo o alumnado do centro.

O Concello ofrece un servizo de acollida para o alumnado de educación infantil dende ás 9:15h.

Recordamos que o alumnado non poderá entrar no recinto do centro ata ás 9:30h, salvo que sexa para empregar o servizo de "Bos días cole" ou o "Servizo de acollida".

O alumnado de infantil usuario do servizo de comedor accederá ao servizo a partir das 14:30 h, podendo as familias recoller a estes nenos e nenas ata as 14:45h.

Moi importante: As familias, tal como recolle o proxecto de xornada única, poderán recoller ao alumnado ás 14:45h, ás 15:30h, as 16:30h. e as 17:30h. Só se abrirán as portas do centro nese horario permanecendo abertas durante uns dez minutos e logo pecharanse sen poder sair nen entrar ninguén ata o periodo correspondente.

categories [ ]

Reunión informativa - Portas abertas

Luns 31 de maio, ás 17:30 na biblioteca do centro

-Pais/nais/ titores/as do alumnado de educación Infantil e  Primaria para o curso 2009/10

-Información sobre temas relacionados coa escolarización do alumnado

-Normas do centro

-Servizos educativos complementarios

-Visita ás  instalacións do centro

-Documentación para formalizar a matrícula 

categories [ ]

Gratuidade Libros de texto 2009/10

Resumo:

  • 3º e 4º curso empregarán os libros de texto xa existentes no centro.
  • 1º, 2, 5º e 6º recibirán unha axuda 180€ por alumno/a tendo en conta a renda familiar. 

A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros
anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda
máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000
euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a
Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial,
independentemente dos ingresos familiares.

 

Xuntamos en documento adxunto información sobre os libros de texto.

Libros de texto

categories [ ]

Reunión informativa - Portas abertas

Anunciamos reunións informativas o próximo martes 26  e o xoves 28 de maio.

Martes 26 de maio:

Ás 17:30 na biblioteca do centro

-Pais/nais/ titores/as do alumnado de educación infantil para o curso 2009/10

-Información sobre temas relacionados coa escolarización do alumnado

-Periodo de adaptación

-Servizos educativos complementarios

Visita ás novas instalacións do centro

Xoves 28 de maio

Ás 17:30 na biblioteca do centro

-Pais/nais/ titores/as do alumnado de educación Primaria para o curso 2009/10

-Información sobre temas relacionados coa escolarización do alumnado

-Servizos educativos complementarios

Visita ás novas instalacións do centro

 Xuntamos orde do día da convocatoria da reunión

categories [ ]