ProxectosParque arqueolóxico de CampolameiroO xoves 10 de maio, os nenos e nenas de terceiro e de cuarto fomos ao parque arqueolóxico de Campolameiro. Ao chegar fixemos tres grupos.Os de terceiro A fomos primeiro ao obradoiro de pan: moemos trigo con dúas pedras para facer fariña, fixemos o pan con fariña, auga e sal. Os monitores coceron a masa enriba dunha pedra que estaba no lume. Déronnos para probar pan con nocilla. Tamén fomos ver os petroglifos, descubrimos que os prehistóricos tiñan animais máxicos coma o cervo. O cazaban pero non o comian. Pensaban que os debuxos das estrelas eran sinais dos espiritos. Fomos a un poboado prehístorico e nunha cabana vimos como facian lume con dúas pedras. Olalla Pais, Manuel Baña e Ana Suárez.
O DEPORTE TAMÉN NA BIBLIOTECADentro da programación de actividades que estamos a realizar este mes sobre o deporte, acabamos de estrear na biblioteca unha mostra bibliográfica sobre este tema. Nela os nenos e nenas poden ver, ler e disfrutar de novos títulos que teñen como punto común o deporte. Agardamos que vos guste!
categories [ ]
MES DE MAIO, MES DO DEPORTEAo longo deste mes temos organizadas unha serie de actividades relacionadas co deporte. A intención é promover entre o noso alumnado a práctica de exercicio e de hábitos saúdables. Teremos a sorte de recibir no noso centro a visita de destacadas figuras do mundo deportivo galego, xa vos iremos informando... Na biblioteca realizaremos un ciclo de películas relacionadas co deporte e tamén unha mostra de libros e vídeos sobre este tema. Entre os rapaces do segundo e terceiro ciclo repartiuse un decálogo de boas prácticas deportivas que podedes descargar aquí. E lembrade: Se queres estar forte, practica moito deporte!
categories [ ]
OBRADOIRO PINTURA RUPESTREDentro do proxecto de investigación que estamos a desenvolver no centro este curso sobre A PREHISTORIA, os nenos e nenas de infantil participaron nun obradoiro de Arte Rupestre. Raquel e Alicia trasladaron aos rapaces a esta época cunha dramatización onde se lles explicou a orixe destas manifestacións artísticas e o obxectivo que para aqueles homes e mulleres tiña realizalas. Logo os nenos e nenas aprenderon a facer pinturas mesturando elementos naturais (carbón, lama, frutos, follas, ...). O máis divertido foi empregar estas pinturas naturais na decoración das pedras do patio dos maiores.
categories [ ]
A prehistoriaNo cole estamos investigando sobre a prehistoria, descubrindo e aprendendo un montón de cousas. Se a ti tamén te interesa o tema, atrévete con estas actividades interactivas! Prema na imaxe para acceder ao recurso
categories [ ]
A BIBLIOTECA RETORNA Á PREHISTORIA!Non se trata de prescindir dos ordenadores e volver a comunicarnos a través de debuxos nas paredes, pero este ano, todo o cole decidiu voltar a prehistoria, desenvolvendo un proxecto sobre este tema. Comezamos no Entroido con disfraces relacionados: cavernícolas, poboado neolítico, petroglifos... e agora estamos a investigar e coñecer os aspectos máis significativos desta etapa histórica. Na biblioteca participamos activamente nesta idea organizando unha mostra de materias informativos e de ficción en torno á Prehistoria e tamén ambientámola coa reproducción dun dolmen, case a tamaño real! Aos nenos e nenas lles encanta entrar dentro e sentarse a ler. Continuamos con este proxecto e vos iremos contando máis cousas!
categories [ ]
CAVE ART
Cando dende a biblioteca nos propuxeron traballar a Prehistoria, os nenos e nenas de 3º de Primaria estivemos pensando e..., finalmente decidimos facer unha réplica dunha cova prehistorica na clase de plástica. Fixémola así:
E coas pedras e paos imitamos unha fogueira. Parece unha cova de verdade !!
categories [ ]
Cantigas de ReisesO día 21 de decembro foi un día especial no cole, era o derradeiro día de clase deste ano e comezabamos as vacacións de Nadal. Nas últimas semanas estivemos traballando e recollendo entre as familias Cantigas de Reises, cantos tradicionais desta época do ano. Como remate a este traballo tivemos un concerto didáctico no que dous músicos da comarca, Emilio e Gustavo, contáronnos cousas ben interesantes sobre estas tradicións, trasmitidas de xeración en xeración, interpretaron estas cantigas acompañados con instrumentos tradicionais e ata nos atrevimos a acompañalos aprendendo algun destes cantos populares. Abaixo podedes ver un pequeno vídeo e tamén máis fotos na galeria
categories [ ]
UNHA ÁRBORE DE LIBROSEste Nadal quixemos ambientar a biblioteca empregando materiais propios: "Libros e enciclopedias". Os nenos e nenas máis pequenos axudaron na súa elaboración e despois de decoralo un pouco... así de chulo quedou! Dende a biblioteca desexamosvos a todos unhas boas festas e un feliz ano 2012 cheo de lecturas inesquecibles!
Vídeo da elaboración
categories [ ]
MOSTRA MICOLÓXICADo día 15 ao 17 de Novembro podedes visitar a exposición de fungos e cogomelos situada na entrada do colexio. Os exemplares foron aportados polos nenos e nenas. Ao longo do fin de semana moitos deles foron con algún familiar a recollelos polos bosques e prados de Brión. A participación foi numerosa e queremos agradecer a colaboración de todos. Membros da asociación "Sendeiriña" de Negreira axudáronnos a organizar a mostra, clasificando e identificando os exemplares. Moitas grazas María, Mari Carmen e Emilio!
Os nenos e nenas farán visitas guiadas á exposición e ata poderán participar no concurso "O cogomelo misterioso".
categories [ ]
|
Eventos
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||