Skip to Content

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 4º DE PRIMARIA

O pasado mércores, 1 de xuño, todo o alumnado de 4º de Primaria e cinco profes fomos a Marín.

O primeiro que fixemos foi ir a ver os petróglifos de Mogor e debuxamos un con forma de laberinto. Despois explicáronnos o significado de cada un. Logo sentámonos a merendar.

Cando rematamos, baixamos á praia de Mogor. Máis tarde José Antonio, o director, deunos permiso para meternos na auga. Uns bañáronse e outros xogaron coa area.

A cotinuación, fomos ao Parque dos Sentidos. Alí comemos e os que acabaron foron a un tobogán enorme. Tamén había moita vexetación.

Finalmente fomos ao Ecoparque Multiaventuras que está nas aforas de Marín. O primeiro que fixemos foi colocar as mochilas nunha caseta. Logo baixamos e puxéronnos os arneses. Fixéronnos unha proba para ver como poñiamos os mosquetóns e o buo. Quen o aprobase pasaba a fase 1, logo á 2 e así sucesivamente.

O que máis me gustou foi a tirolina do Ecoparque. Eu recomendariallo a todos os nenos e nenas do mundo.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos.

Manuel Alonso



page | by Dr. Radut