Skip to Content

A nena e o grilo nun barquiño

Este xoves, como festival de fin de curso, tivemos a actuación de Magín Blanco e o seu grupo. O título da actuación:  A nena e o grilo nun barquiño. Música do século XXI con tintes de pop, rock, reggae ou bossa nova, relatos que nos falan de que podemos aspirar a un mundo mellor, imaxes que nos achegan ás novas linguaxes.

Os nenos e nenas acompañaron a estes músicos en moitas das súas cancións que tiñan traballado en música.

Non puidemos ter mellor remate de curso!

(Ver fotos)

 



page | by Dr. Radut