Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

19 de marzo: festivo autonómico

Informámos que o próximo martes, 19 de marzo, será festivo autonómico, polo que non haberá clase.

O luns, 18 de marzo,  será dia lectivo neste centro educativo.

Comedor escolar: Menús internacionais

Dende o servizo de comedor escolar tiñamos programado para o venres 8 de marzo seguir cos menús de comida internacional. Pero, debido a folga con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, pospoñemos o menú do continente europeo, para o seguinte venres, 15 de marzo, coa seguinte proposta:

- Ensalada César (leituga, polo, pan torrado, parmesano e mollo César: ovo, anchoas, aceite de oliva, sal, allo, vinagre e parmesano).

- Quiche Lorreine (masa brisa, ovos, leite, panceta, queixo relado, sal).

Ver receitas nos anexos.

Postre- Macedonia (mandarina, uva e frambuesa).

Que aproveite! ¡Que aproveche! Καλη Ορεξη! Bon appétit! 

Festival de entroido "Danzas do mundo"

Venres, 1 de marzo,  festival de Entroido

Galería de fotos

 

 

Visita do Refuxio de Bando

O luns 25 DE febreiro, visitou ao alumnado de 6º de infantil Carlos e Fernando do Refuxio de Bando. Coñecemos a Lucía e Espinete, dous simpáticos cans abandonados. Faláronnos da adopción responsable e de como funciona o refuxio de animais.

Non merques nin abandones, ADOPTA!

(ver fotos)

Xornada Portas Abertas

O día 11 de marzo terá lugar unha xornada de portas abertas. Ás 17:00h na biblioteca do centro.

Apertura proceso de admisión curso 19/20

Ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2019-20 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2019

A reserva de praza farase no propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. Tamén pódese facer telematicamente na ferramenta admisión alumnado da Consellería de Educación.

Documentación:

ANEXO II (galego)

ANEXO II  (castelán)

DOCUMENTACIÓN - INFORMACIÓN CENTRO

 

Lexislación sobre admisión:

 

 

 


 

DÍA DE ROSALÍA

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.

Na entrada do centro estaba agardando aos rapaces e rapazas a mesmísima Rosalía co seu home Manuel Murguía  para agasallarlles con poesías. Logo visitaron ao alumnado de infantil  e recitáronlle algunha das súas poesías.

O alumnado e profesorado do centro fixo ao longo da semana unhas roseiras de fieltro que puxeron ese día como prendedor para homenaxear a esta grande escritora tan vinculada co noso concello.

(galería de fotos)

 

 

COMEZA O ENTROIDO!!!!!!

Atrevámonos a disfrutar dos días previos do Entroido, acudindo ao centro cos seguintes mandatos!

LUNS, 25 febreiro

PARA EMPEZAR BEN A SEMANA

HOXE COMEZARÁS EN PIXAMA...

 

MARTES, 26 febreiro

SE O MARTES,

TE QUERES DIVERTIR,

O XERSEI DO REVÉS

TERÁS QUE VESTIR...               

MÉRCORES, 27 febreiro

HOXE PARA SER ESTRIDENTE,

TRAERÁS OS ZAPATOS DIFERENTES...

 

XOVES, 28 febreiro

PARA NON DESENTONAR

AO COLE DISFRAZADO

TI VIRÁS...

VENRES, 1 de marzo

... E CHEGOU O ENTROIDO,

A DESFRUTAR!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut