Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

A ANPA Andaravía solicita a Creación dun Consello Escolar Municipal

Representantes da ANPA Andaravía xunto con representantes doutras ANPAs de Centros de Ensino do Concello de Brión, rexistraron esta mañá unha solicitude para a creación dun Consello Escolar Municipal, que sexa o órgano de debate, consulta e participación para planificar a política educativa do Concello.

 

23 abril: Día do libro

Rodeámonos de historias

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO

Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso escolar 18/19 aprobadas no Consello Escolar celebrado o día 16 de abril.

Lembrar que todos estes alumnos/as terán que formalizar a matrícula a partir do 20 de xuño ata o día 30 deste mesmo mes.

Listaxe

4º Infantil

 Listaxe

 5º Infantil

 Listaxe 

1º Primaria

 Listaxe 

3º Primaria

 

 

21 de marzo, día da Poesía

 

 

O Ceip de Pedrouzos sumouse a esta conmemoración, organizando un intercambio poético entre o alumnado e persoal do centro.
Os nenos e nenas trouxeron unha poesía que lles gustaba ou que escribiron eles. Colocáronse,  ao longo do luns e martes, nos tres puntos de intercambio  situados no centro. Ao final da semana, cada alumno/a puido  recoller unha destas poesías para levala a casa. O formato de punto de lectura permitirá darlle unha nova vida a estas poesías.
Compartir poesía entre o alumnado foi o obxectivo desta actividade. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Festival Atlántica en Brión !!!!!!

Como  vai sendo tradicional (sexta edición), o Festival  internacional Atlántica  de Narración Oral que se celebra ao longo dos días  13 ao 18 de marzo en Santiago,volve a recuncar no noso centro.

O programa deste ano é moi interesante!!!

Martes 13 marzo
Laura Escuela (Tenerife) "El mar, la mar..." para Infantil (10:30 h.)
 
Mércores 14 marzo
Nono Granero (Jaen)" Os contos do Asombrajo" para 5º e 6º de Primaria (10:30 h.)
 
Xoves 15 marzo
Boniface Ofogo (Camerún)"O león Kandinga" para 1º e 2º de Primaria (10:30 h.)
 
Venres 16 marzo
Tamara Bezerra (Brasil) "Bichos brasileiros e outros contos" para 3º e 4º primaria (10:30 h.)
 

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. 8 DE MARZO

O día 8 de marzo é o día das Mulleres. Este ano está reivindicación de carácter internacional está reforzada pola convocatoria dunha folga que será secundada por parte do persoal do centro.

Nos días previos, dende as diferentes aulas traballouse o papel da muller en diferentes ámbitos (investigación, cultura, deporte, arte, cine..). (ver fotos)

 

A PORTA VIOLETA

O martes 27 ás 19:00 quedou rematado o mural gañador do Concurso impulsado pola Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero Quen Dixo Medo?, da Deputación da Coruña. O mural, está situado na parede do almacén do comedor. O mural foi realizado polo seu autor, Vicente Fornés, pai dunha alumna do centro coa axuda de membros da Anpa Andaravía

O mural, titulado "A PORTA VIOLETA", simboliza o acceso a un mundo de igualdade e a vía de escape a situacións de violencia machista.

 

Admisión de alumnado 2018/19

Provisionalmente, todas as solicitudes de admisión para o curso escolar 2018/19 presentadas en prazo foron admitidas. As listaxes publicaranse unha vez aprobadas no Consello Escolar,  previsto para o 9 de abril.

Os/as solicitantes deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Calendario do proceso de admisión para o curso 2018/19

Reserva de praza

 Do 1 ao 15 de febreiro
Listaxe asignación prazas centros adscritos  Antes do 28 de febreiro
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes do 25 de abril (aprox. 13 abril)
Publicación de listaxes definitivas  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

A todo o alumnado das escolas adscritas da EEI dos Ánxeles e da EEI de Sabaxáns que fixo a reserva para primeiro de primaria no próximo curso, foille adxudicada praza. Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut