Skip to Content

Normalización

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 9)

PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

Un grupo de alumnas de 6º de primaria presenta a  actividade do 8M, ás familias, e compartimos con elas o xogo de pistas.

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE

    

 

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 8)

ENTREVISTAS NA RADIO ESCOLAR.

O alumnado de 5º e 6º de primaria, aproveitando que tiñamos na escola a Radio, fixemos unha entrevista a cada unha das nais que participaron na mesa redonda. Foi un placer escoitar as súas experiencias así como o seu coñecemento acerca dos seus ámbitos laborais.

 

    

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 7)

MESA REDONDA:" 8 M_ MULLERES VS MENS SANA, IN CORPORE SANO"

Como todos os anos, o día do 8 de marzo realizamos unha mesa redonda na que participan nais da escola para achegarnos as súas profesións, e neste caso, as profesións relacionadas cunha vida saudable.

Así contamos con oito nais que nos axudaron a visibilizar o papel da muller nos ámbitos laborais da saúde tanto física como emocional. 

Queremos agradecer a súa implicación, así como o seu tempo e adicación para participar nesta actividade.

   

 

 

 

 

 

 

  

   

 

 

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 6)

AGORA TOCA XOGAR.

O venres, día 8 de marzo realizamos o xogo pistas pola escola. Consiste en ir pola escola lendo/vendo os cartaces e intentando solucionar os retos que nos propoñen os nosos compañeiros/as e que están no folletos.

 

  

 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE 5)

AGORA TOCA EXPOÑER OS CARTACES

A continuación, expoñemos os nosos cartaces.

       

       

    0 

8 M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE4)

EMPEZAMOS COS CARTACES

Unha vez rematadas as biografías, empezamos coas cartaces.

Cada clase elaborará un cartaz coa toda a información recollida.

    

  

8M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO (PARTE3)

EMPEZAMOS A FACER AS BIOGRAFÍAS

Primeiramente lemos diferentes biografías, buscamos os elementos que deben ter e empezamos a facer a biografía da muller da nosa aula.

 

    biografia 8m2

8 M_MENS SANA, INCORPORE SANO (PARTE 2)

ELECCIÓN DE MULLERES REFERENTES NOS ÁMBITOS DA SAÚDE.

Cada aula, elixe unha muller para afondar na súa vida e nos seus logros no ámbito da saúde, física, emocional ou social.

A continuación, poñemos o seu nome ás nosas aulas.

helena gonzález 

 

PROXECTO 8M_ MENS SANA, IN CORPORE SANO

ACTIVIDADE MENS SANA, IN CORPORE SANO

Dende o equipo de dinamización da lingua, imos celebrar polo día da Muller  unha exposición de cartaces para poñer en valor o papel da muller nos ámbitos da saúde. 

A fases da actividade para a elaboración dos cartaces é a seguinte:

programa cartaces

8 M. DÍA DA MULLER

Hoxe celebramos o 8M, Día da Muller visibilizando o papel da muller nos diferentes ámbitos relacionados coa saúde, tanto a saúde física como a saúde mental.

Este programa de actividades encádrase dentro do Proxecto Anual de Centro "Mens sana, in corpore sano".

Queremos agradecer a toda a comunidade escolar a participación nesta xornada, facendo fincapé nas nais que nos acompañarán nas mesas redondas.

Programa 8M_ 2024   mesa redonda 8M_2024 

 mesa redonda 8M_2_2024     mesa redonda 8M_1_2024

Distribuir contido


by Dr. Radut