Skip to Content

Documentación

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

O luns 3 de outubro empezan as actividades complementarias dos Ceip de Pedrouzos ofertadas dende Claustro de Profesorado e polo Concello de Brión.

Actividades do Centro, todos os días da semana para o alumnado de primaria:

Biblioteca: 15:30H - 17:30H.

Sala de Estudo : 15:30h - 17:30h.

Ludoteca: 15:30h - 16:30 h.

Para estás actividades non é necesario anotarse. Inicialmente o acceso será libre e voluntario. Segundo se vaian desenvolvendo verase a necesidade de establecer horarios por niveis ou grupos.

Actividades ofertadas polo Concello:

Resultados votación Xornada Única

Os Pais/nais/titores/as do alumnado do Ceip de Pedrouzos, aprobaron coa súa participación e votos a implantación da Xornada Continuada no centro.

Os resultados foron os seguintes:

Censo total de Familias

297

Votos Necesarios (58% do censo)

173

Votos Efectuados

236

Votos de Si á Xornada Única

192

Votos de Non á Xornada Única

44

 

Para a aprobación do proxecto eran necesarios 173 votos afirmativos, acadándose 192.

A Dirección do centro e a Comisión de Xornada única queren agradecer a toda a Comunidade Educativa a colaboración e a participación masiva na consecución do Proxecto.

Confirmación do horario e servizos de comedor e transporte na xornada única

O Departamento Territorial confirma no documento que xuntamos a solicitude de xornada única con servizo de transporte e comedor

.

Documentación sobre xornada única en Galicia

Xuntamos documentación na que se recolle a a Normativa sobre a implantación da Xornada única en Galicia, e información en distintos listados dos centros que se foron sumando a Xornada única na nosa comunidade.

 

DOG- Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única
de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados

Distintos listados oficiais da Consellería de Educación de Centros educativos que se foron sumando nos tres últimos cursos á xornada continuada:

Centros con xornada continuada en Galicia
Curso 2008/09   Curso 2009/10   Curso 2010/11

Comisión Mixta Xornada única

Informamos da formación dunha comisión mixta Profesorado-ANPA-Familias e Concello para o estudio e elaboración dun proxecto de Xornada Continuada para o CEIP. de Pedrouzos.

 

Prevese que arredor do día 18 de febreiro se presente o proxecto para a súa aprobación no Claustro de profesores/as e no Consello Escolar.

Agardamos a súa participación na elaboración do proxecto mandando as súas preguntas ou propostas a través do correo electrónico do centro (ceip.pedrouzos@edu.xunta.es), no apartado Suxerencias da páxina web do centro, no buzón da ANPA ou tamén a través do seus fillos/as. Todas as suxerencias serán valoradas nas reunións que semanalmente manten a comisión de traballo.

De ser aprobado no Consello Escolar e porteriormente pola Delegación provincial inicaremos unha campaña de divulgación e consultas coas familias a través de circulares, charlas divulgativas e reunións que se anunciarán debidamente.

Pedrouzos, 2 de febreiro de 2011

A comisión

Distribuir contido


by Dr. Radut