Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

O Maio de Infantil

E aquí podemos ver aos máis pequenos e pequenas do cole participando xa dende ben cativos na Festa dos Maios. E que ben o fixeron! Hai canteira en Petelos!

 
E aquí podedes ver aos da clase de 4 anos cantando as súas coplas. Moi ben o fixeron!
 
 
 
E aquí podedes ver aos maiores de Infantil, cantando marabillosamente as súas coplas tan inxeniosas. Que grandes!
 

O Maio do 1º ciclo

No seguinte enlace podedes ver ao alumnado de 1º cantando as súas coplas dos maios. Menudos artistas! Que marcha teñen!

 
 
E aquí podedes ver canto talento hai na clase de 2º. Que fenómenos!
 

Os Maios do 2º ciclo

No seguinte enlace podedes ver que ben cantou o alumnado de 3º Menudas artistas!

 

 
 
E aquí podedes ver ao alumnado de 4º cantando as súas inxeniosas coplas. Menuda panda de artistas!
 

O Maio do 3º ciclo

No seguinte enlace podedes disfrutar das inxeniosas coplas do alumnado de 5º de Primaria. Moi ben o fixeron!

 

 
 
E no seguinte enlace podedes ver que ben cantan os maiores do cole, o alumnado de 6º! Pero que ben se canta aquí en Petelos!
 
 

O Maio das Mestras e das Familias

No seguinte enlace podedes ver ás mestras cantando as súas colas do Maio.

 

 
 
E a continuación, podedes ver que ben cantan as falimias do cole! Moitas grazas pola vosa colaboración!
 
 

Os Maios no Monte do Castro

Este ano, convidáronnos a ir cantar os Maios ao Monte do Castro, na Festa da Cruz, e alá fomos unha representación da comunidade educativa de Petelos. Moi ben o pasamos!

 

21 días

O 27 de febreiro comezamos un novo reto no centro, 21 días co galego. Durante estes días realizaremos diferentes actividades para fomentar o uso do galego entre todo o alumnado, profesorado e familias.

Animádemos e unídevos ao reto.

 

Cantos de aguinaldo de Infantil

Aquí podemos ver e escoitar ao alumnado máis pequeno do cole, o de 4º de Infantil, interpretando a panxoliña "Din don dan". Menudos artistas!

 
No seguinte enlace, podedes ver ao alumnado de 5º de Infantila interpretando a panxoliña "A campá que resoa", incluída no disco de panxoliñas "O Quiquiriquí". Moi ben o fixeron!
 
 
E o alumnado de 6º de Infantil, rendiulle homenaxe á figura do Apalpador, interpretando maxistralmente a "Cantiga do Apalpador", que seica este ano paseouse polo noso cole...

Cantos de aguinaldo 1º, 2º e 3º

Ao alumnado de 1º xa lle tardaba que chegase a noite de Reis, por iso a panxoliña que interpretaron foi "Xa me tardan estes Magos", do grupo Mamá Cabra. Moi ben cantan estas nenas e nenos!

 

 

No seguinte enlace podemos ver a enerxía coa que canta o alumnado de 2º, que interpretaron a panxoliña "Metido nun ovo", pertencente ao disco de panxoliñas "O Quiquiriquí". Moi ben o fixeron!

 

 
No seguinte enlace podemos ver ao alumnado de 3º interpretando dúas panxoliñas: a primeira é "Un Nadal de aloumiños", panxoliña coa que se presentaron ao concurso da TVG A canción do Nadal, xunto ao alumnado de A Gudiña, aínda que nesta ocasión interpretárona eles sós. E ao rematar, ata se animaron a canta unha panxoliña en Ingés, que prepararon coa teacher Doa. Son todos uns artistas eunhas artistas!!
 

Cantos de aguinaldo de 4º, 5, e 6º

No seguinte enlace podemos ver e escoitar a panxoliña interpretada pola clase de 4º, chamada "Canto de Reis de Rinlo". Fixérono xenial!

 

 
 

No seguinte enlace podedes ver e escoitar ao alumnado de 5º cantando "De lonxe viñemos". Tan ben o fixeron que recibiron o aguinaldo!

 
No seguinte enlace podedes ver e escoitar ao alumnado de 6º cantando "Ovos e torresmos". Que ben o fixeron!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut