Aquí deixamos unhas fotiños da gravación do programa de despedida realizado polo alumnado de 6º deste cole. Os nosos paxariños deixan o niño para comezar a voar sós. Boa viaxe!
Hoxe, 22 de xuño de 2021 o alumnado de 6º, despediuse do cole, tras nove anos con nós, e fíxoo deste xeito tan especial, polas ondas de... Radio Petela! Escoitade ata o final que haberá algunha sorpresiña!
Aquí temos un podcast que fixo o alumnado de 4ºB sobre Xela Arias, co que participaron no III Concurso de Podcast Radio na Biblio. Finalmente non resultamos premiados, pero foi unha experiencia magnífica participar, e os nenos e neas fixeron un traballo marabilloso. Aquí tedes o resultado. Esperamos que o disfrutedes.
Aquí deixamos un resumo fotográfico de como se realizou o programa sobre Rosalía, a gravación da nosa recomendación musical e a entrega de premios do noso concurso. esperamos que o disfrutedes.
Xa temos aquí o programa especial de entrega de premios do concurso sobre Rosalía de Castro realizado polo alumnado de 2º curso de primaria, que xa son uns auténticos profesionais do mundo da radio! Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.