try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

NOVAS

 

Últimas novas:  

  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde.
  • A HORA DO PLANETA: SÁBADO 29 DE MARZO DE 20:30 ÁS 21:30 21. APAGA A LUZ

  • Procedemento de admisión alumnado curso 14-15. Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo.
    Máis información, apartado : centros.matrícula

Subcampeón galego de Kung-fu

Brais, Subcampeón galego de Kung-fu

Campionato de Galicia individual escolar de Kung-fu

Ourense 06/04/2014

Día da concienciación do autismo, 2 de abril

Nesta animación téntase recrear, dunha forma aproximada, a experiencia sensorial da "realidade" que experimenta unha persoa con autismo desde o punto de vista auditivo e na percepción do entorno visual.

A Hora do Planeta: sábado, 29 de marzo 20:30-21:30

)

Millóns de persoas de todo o mundo participarán na hora do planeta 2014. A loita pola conservación do medio ambiente convértese nun gran reto global para construir xuntos un futuro limpo. Un futuro baseado na enerxia do sol, do mar e do vento. hai pequenos xestos que poden converter este desexo en realidade, demóstrao e participa en A HORA DO PLANETA e apaga a luz.

8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe o 8 de marzo de1908, en Nova York, onde 146 mulleres morreron queimadas na industria textil Cotton polas bombas incendiarias que lanzaron dentro do edificio ante a negativa das mulleres de abandonar o encerro en sinal de protesta por esixir o que lles pertencia. O “Día Internacional da Muller “ representa o recoñecemento dos logros acadados, pero tamén a denuncia pública das situacións que continúan fomentando as desigualdades entre ás mulleres.

Este sábado, 8 de marzo, celebrase o día internacional da Muller. Esta data convida a reflexionar sobre a igualdade e progreso, e así, coñecemos temos datos coma que, a maioría dos universitarios son mulleres. Elas son as que tiran as mellores notas. Pero tamén as que teñen máis complicado atopar traballo. Gañan menos e teñen máis problemas para ascender. En España, só o 8% dos rectores son mulleres. Das alcaldías galegas, só o 9% están en mans femininas. Pero é máis. Na Unión Europea 1 de cada 3 mulleres sufriu violencia ou algunha agresión sexual a mans dun home.

8 de marzo día internacional da muller from setestralos on Vimeo.

Distribuir contido