Skip to Content

30 Xaneiro: Dia Escolar da Non Violencia e da Paz

Onte tivemos no cole unha visita moi especial: a de Suleiman Hassani, de orixe kurdo. Na súa visita contounos cousas sobre as súas vivencias na guerra e sobre a realidade do pobo kurdo. Encantounos a súa aportación e desexamos que o mundo cambie e cada día se transforme nun lugar mellor para vivir, no que o odio e a guerra non teñan cabida. 

Álbum: Sen categoría -> 30 Xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz

NADAL 2022

Para celebrar a chegada do Nadal, celebramos unha chocolatada coas familias, preparamos unhas actuacións e, tamén nos visitou Papá Nöel. Ademais, repartimos os premios das postais do Nadal. Pasámolo xenial!!! 

Álbum: Sen categoría -> Nadal 2022

CINE EN CEE (20-12-2022)

Hoxe fomos ao cine a Cee. Que ben o pasamos!!!

Álbum: Sen categoría -> CINE EN CEE (20/12-2022)

FOGAR SOR EUSEBIA

Nestas datas tan importantes, quixemos facer que a solidaridade fose a protagonista no noso centro educativo. Gracias á profe Luísa por organizar esta iniciativa tan bonita. Neste enlace, podedes visualizar algunhas fotos sobre a recollida de alimentos e obxectos para o Fogar Sor Eusebia, así como a visita dalgúns dos membros desta familia ao noso colexio.

Álbum: Sen categoría -> FOGAR SOR EUSEBIA

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos deixamos unha escolma de fotos nas cales podedes ver algunhas das cousas que traballamos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Baseámonos, fundamentalmente, en dous contos: O chuvasqueiro de Aurora e Vivan las uñas de colores. 

Álbum: Sen categoría -> 25 NOVEMBRO

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Con motivo da conmemoración do Día Universal da Infancia, amosámosvos unha das actividades realizadas no xornada de hoxe: xogo espontáneo. Un dos dereitos dos nenos/as é o dereito a xogar. Con elementos naturais e caixas de cartón xogaron a ser piratas, a facer comidas,...; deron renda solta á imaxinación e gozaron co xogo, presente e imprescindible na etapa infantil. FELIZ DÍA DA INFANCIA!!!

Álbum: Sen categoría -> INFANCIA

MAGOSTO 2022

Álbum: Sen categoría -> MAGOSTO 2022
Distribuir contido


by Dr. Radut