LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS CURSO 2016/17


 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 30. PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS E RECLAMACIÓNS

 1. Á vista das solicitudes de admisión presentadas, e unha vez determinada a puntuación resultante de aplicar os criterios de baremo, se é o caso, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, por orde da puntuación total obtida.

2. De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

3. As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se

 

 PODERÁ FORMULAR RECLAMACIÓN NO PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO SEGUINTE AO DA SÚA PUBLICACIÓN, ANTE O CONSELLO ESCOLAR. (PRAZO DE RECLAMACIÓN  ATA MARTES 26 DE ABRIL)

 

1.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

2.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

3.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA