Benvida

Benvidos á web do CEIP Emilio González López de Cambre (A Coruña).

CALENDARIO ESCOLAR 2012

Chega ás vosas mans un calendario elaborado, a proposta do equipo de dinamización da lingua galega, entre todas as aulas do centro. O tema central do mesmo é a celebración do XXV Aniversario do CEIP Emilio Gónzalez López.

Sabedes pola prensa que as axudas para o fomento da lingua galega reducíronse considerablemente, polo que queremos agradecer o interese amosado dende o Concello de Cambre e a Deputación de A Coruña na tarefa de impresión.

Cómpre tamén dar as grazas a todos os nenos e nenas e ao profesorado que traballaron para que este calendario saíra adiante.

Un agarimoso saúdo.

Equipo de Dinamización da lingua galega.

Se queredes ver o calendario clica aquí.

Distribuir contido